Novas

Padrón exalta a lamprea cunha nova edición das súa xornadas gastronómicas

10 Mar 2025 | Turismo

Padrón acolle a undécima edición das Xornadas Gastronómicas da lamprea que se desenvolverán os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de marzo. Durante este período, prevese unha programación que combinará divulgación, natureza e gastronomía en torno a este prezado produto.

Os establecementos colaboradores ofrecerán menús especiais elaborados para a ocasión. Nesta edición, está prevista a participación dos restaurantes Casa Farrucán, Restaurante O Secreto, O Santiaguiño e Chef Rivera.

Ademais da oferta gastronómica, o programa incluirá diversas actividades dirixidas a diferentes públicos. Así, o venres 21 de marzo, ás 20:00 horas, o Restaurante Chef Rivera acollerá a charla Cultura científica con Juan Pérez Fernández, investigador de neurociencia da Universidade de Vigo. A sesión incluirá un coloquio informal de divulgación científica no que se abordará a importancia da lamprea como organismo ancestral, as súa peculiaridades biolóxicas e a súa relevancia no ámbito da investigación científica. A actividade está orientada a un público adulto.

O sábado 22 de marzo, a partir das 11:30 horas, levarase a cabo a iniciativa Lamprea a pé de río, unha visita didáctica que permitirá coñecer de preto a bioloxía da lamprea, a súa importancia histórica e o seu ecosistema. A iniciativa busca fomentar a conexión co medio rural e poñer en valor este recurso gastronómico e cultural de Padrón. A proposta está dirixida a un público familiar.

O sábado 29 de marzo, ás 11:00 horas, será a quenda da Experiencia inmersiva en Bandín, Carcacía, que combinará contacto coa natureza e expresión artística. Trátase dunha proposta destinada ao público familiar que inclúe un paseo na compaña dun membro da Asociación Cultural Nosa Sra. da Mercé de Bandín que contará historias sobre o lugar e a lamprea do Ulla, así como a creación de figuras con arxila e auga da fonte Santa. A experiencia estará acompañada con música e sons acordes á actividade e ao lugar.

As prazas para estas actividades son limitadas, polo que será necesaria inscrición previa a partir do martes 11 de marzo a través da web www.padronturismo.gal/inscricions.

As Xornadas Gastronómicas son un evento de referencia na exaltación deste produto tradicional. Ademais da gastronomía, ofrecen un compendio de propostas culturais, divulgativas e de lecer que atraen visitantes de todas as idades, contribuíndo a fortalecer a imaxe de Padrón como destino destacado para a degustación desta especialidade culinaria.

 

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.