Novas

Padrón encherase de música e espectáculos entre o 17 e o 26 de xullo para festexar o Santiaguiño

14 Xul 2025 | Turismo

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, presentaron este xoves, 10 de xullo, o cartel do Santiaguiño 2025. O amplo programa de actividades desenvolverase entre o 17 e o 26 de xullo e inclúe música, teatro, espectáculos infantís e de rúa, así  como emblemática romaría popular do 25 de xullo. Todos os espectáculos son gratuítos.

Un dos pratos fortes do programa é o festival Ultreia, que terá lugar a fin de semana do 18 e do 19 de xullo e contará cunha chea de actuacións dos máis diversos estilos para todo tipo de públicos. Abranguerá tanto a música tradicional de Xurxo Fernandes ou a mestizaxe musical do Sonoro Maxín (ámbalas actuacións, o venres na praza de Macías) como a proposta de cultura urbana O son do Sar, con rap, regueifas ou freestyle (o sábado no Espolón). A madrugada de venres e de sábado a troula continuará con Open Air e DJ como Matrek, Iván Mata, La Buena Vida, Prada, MRJ e Pitty. Ademais, o festival contará os dous días con punto lila no Paseo do Espolón.

O público familiar e a cativada serán os grandes protagonista do programa nos seguintes días. O luns 21 de xullo, Teatro Gazafelhos e a escritora e divulgadora María Canosa poñerán en escea H2… Oh!, unha proposta chea de curiosidades científicas e humor que buscará a complicidade da persoas asistentes para levar a cabo diversos experimentos.

As propostas para todas as idades continuarán o martes 22 co espectáculo de novo circo e acrobacias aéreas Dende arriba, da compañía Hípica Celta, e o mércores 23, con catro funcións do mago Antón xunto á obra de teatro infantil Barriga Verde e o Estragapandeiros, a cargo de Títeres Cascanueces.

Ademais, nenas e nenos contarán cunha festa propia neste Santiaguiño 2025. Celebrarase no campo do Souto o xoves 24 entre as 5 e as 9 da tarde e estará chea de diversión e sorpresas.

Este xoves 24, a festa estenderase dende a tarde ata ben entrada a madrugada cunha intensa programación, que se completará coa actuación da asociación cultural Rosalía de Castro no Xardín Botánico-Artístico; cun monólogo de Pepe Suevos; e coa animación musical do grupo padronés UYF’75, da banda Somoza Trío e do DJ Bruno Deejay.

O día grande das festas, venres 25 de xullo, celebrarase a tradicional romaría na área recreativa do Santiaguiño do Monte. A xornada iniciarase ás 10.00h coa misa na igrexa parroquial de Santiago, seguida da tradicional procesión ata o monte, lugar no que se celebrarán a misa grande cantada pola Coral Polifónica Padronesa e a popular sardiñada, con reparto gratuíto de cachelos, pan de millo e bolos preñados. Durante todo o día haberá animación musical a cargo dos grupos folclóricos O’Pedrón, Rosalía de Castro, San Pedro de Carcacía, A Arreixeira e Xoldra, mentres que a cativada poderá desfrutar dunha nova celebración infantil, con inchables de auga e festa holi, a partir das 16.30h.

O Concello poñerá en funcionamento un servizo de transporte adaptado para facilitar á subida ao monte dende o Campo do Souto.

As festas pecharanse o sábado 26 de xullo coa recepción no Paseo do Espolón a todas as persoas participantes na Inchadiña Branca Vela, homenaxe da xente do mar a Rosalía cun desfile marítimo-fluvial remontando o Ulla e o Sar.

 

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.