Novas

Padrón edita o ‘Decálogo do Turista Responsable’ para promover un turismo sostible e respectuoso

29 Xul 2025 | Turismo

A Oficina de Turismo do Concello de Padrón presentou este mes un novo folleto dirixido ás persoas visitantes que leva por título Decálogo do Turista Responsable, unha guía práctica para gozar do patrimonio, a cultura e a natureza local desde unha perspectiva de respecto e sustentabilidade. A iniciativa enmárcase nos obxectivos marcados tras a obtención da distinción ‘S’ de Sostibilidade Turística, recoñecemento que certifica o compromiso do destino co cumprimento dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

O folleto foi distribuído en castelán, galego e inglés.

Baixo lemas como Descubre Padrón con conciencia ou O teu viaxe deixa pegada, que sexa positiva, a guía convida a reflexionar sobre o impacto individual das persoas visitantes e ofrece pautas claras para contribuír á conservación dos recursos culturais e naturais do municipio.

O decálogo inclúe recomendacións como o respecto polo patrimonio histórico, a participación nas actividades locais desde a empatía, o coidado do medio natural, o consumo de produtos de proximidade, o uso responsable de auga e enerxía ou a importancia de desprazarse de forma sostible. Tamén se anima a seguir a sinalización turística, respectar a veciñanza e compartir as experiencias nas redes sociais sen vulnerar a privacidade doutras persoas.

A guía destaca que practicar un turismo responsable non só beneficia ao destino, senón que tamén mellora a experiencia das persoas viaxeiras, fortalece a economía local e fomenta relacións baseadas no respecto mutuo.

O folleto, que tamén se pode consultar en formato dixital, reflicte o compromiso do Concello de Padrón cun modelo turístico máis consciente, integrador e sostible. Desde a Oficina de Turismo lémbrase que Padrón é un destino singular, máxico, cargado de historia, cultura e paisaxes único, é coidalo é tarefa de todas e todos, tamén de quen o visita.

Decálogo do turista responsable

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.