Novas

Padrón é elixido Pueblo Mágico de Galicia

19 Nov 2025 | Turismo

Padrón vén de ser recoñecido como Pueblo Mágico, un título que pon en valor o noso patrimonio, a nosa identidade e o traballo colectivo realizado ao longo dos últimos anos. Esta distinción está impulsada pola Rede de Pueblos Mágicos de España e polo Instituto de Desenvolvemento Local e Estudos Sociais (IDL).
Entre o 3 e o 10 de novembro, rexistráronse mais de 145.000 votacións en todo o Estado. En Galicia participaron arredor de 13.000 persoas, das que o 49.2% votou por Padrón, arredor de 6.300 apoios que sitúan ao municipio como o máis valorado da comunidade.
O Concello quere trasladar o seu agradecemento á veciñanza, ás asociacións, aos colectivos e ás entidades que colaboraron na divulgación da candidatura. Este resultado é froito da implicación social e do compromiso compartido por seguir impulsando o que nos fai singulares.
O título de Pueblo Mágico de Galicia supón un paso máis no camiño iniciado para continuar promovendo un turismo sostible, fortalecer a cultura local e protexer o noso patrimonio.
Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.