Novas

Padrón e Arjonilla oficializarán o seu irmandamento cun acto de sinatura que se celebrará o venres no Concello

3 Xul 2025 | Turismo

Os concellos de Padrón e Arjonilla (Jaén) oficializarán este venres o seu irmandamento nun acto de sinatura que protagonizarán os alcaldes de ámbalas localidades e que se desenvolverá o vindeiro venres, 4 de xullo, na Casa Consistorial padronesa. A delegación xienense aproveitará a visita para coñecer a capital do Sar e participar na inauguración da feira medieval de Padrón, que se celebrará durante a fin de semana.

A figura literaria de Macías o Namorado é o nexo histórico e cultural que une os municipios de Padrón e de Arjonilla. Orixinario da vila padronesa, este trobador medieval que viviu entre os séculos XIII e XIV é un referente da poesía de amor cortés e foi el mesmo motivo de inspiración para outros escritores por causa dos seus amores tráxicos, ao ser asasinado en Arjonilla polo marido da súa namorada.

O irmandamento entre Padrón e Arjonilla, que tras varios contactos se concretou o pasado mes de xaneiro na última edición de Fitur, permitiralles a ámbolos municipios reivindicar o seu legado histórico común e tender pontes de cooperación para desenvolver actividades conxuntas que fomenten o coñecemento mutuo e os vínculos sociais.

O alcalde de Arjonilla, Luis Miguel Carmona, encabezará a delegación que visitará Padrón esta semana e da que tamén forman parte os concelleiros de Cultura e Turismo, Antonio Pérez; de Educación, María del Carmen Peña, e de Festexos e Deportes, Antonio Hernández; así como o técnico de dinamización cultural do concello xienense, Juan Cardeña.

Anxo Arca, xunto ao resto da corporación padronesa, recibirá á comitiva xienense na Casa Consistorial, onde terá lugar o venres ao mediodía o acto institucional de sinatura do irmandamento. A visita completarase cun amplo programa de actividades culturais coas que a delegación de Arjonilla terá a oportunidade de empaparse da rica tradición literaria de Padrón. O mesmo venres, realizará ás 12.30 horas unha ofrenda ante a estatua que Macías O Namorado ten no Xardín Botánico-Artístico, coñecerá a Fundación Cela e a Casa de Rosalía e achegarase á biblioteca municipal para participar nun intercambio de libros entre ámbolos municipios.

Xa o sábado, o alcalde de Arjonilla acompañará o rexedor padronés na inauguración da Feira Medieval de Padrón. Pola tarde, ás seis, un concerto de Xoán Curiel na igrexa de Santiago poñeralle a guinda ao encontro coa musicalización de poemas de Macías o Namorado.

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.