Novas

Padrón convida a descubrir a súa historia este verán con visitas guiadas e teatralizadas

12 Xuñ 2025 | Turismo

O Concello de Padrón presenta unha nova programación de visitas guiadas e teatralizadas para os meses de xullo, agosto e setembro, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio histórico, artístico e literario da vila. A iniciativa está organizada en colaboración coa agrupación teatral Os Quinquilláns e co divulgador histórico Suso Martínez, e está dirixida tanto á veciñanza como ás persoas que visitan a localidade durante o verán.

A programación inclúe tres propostas diferentes que permiten coñecer episodios históricos e figuras senlleiras de Padrón, como o traslado dos restos do Apóstolo Santiago ou a vida de Rosalía de Castro, a través de percorridos comentados e representacións en vivo.

A primeira das actividades, titulada A Traslatio, ofrece un percorrido guiado por Suso Martínez que segue o lendario roteiro do traslado dos restos do Apóstolo Santiago. As visitas realizaranse os venres 5, 12, 19 e 26 de xullo ás 20:00 horas, cun punto de encontro situado en Fondo de Vila.

Tamén a cargo de Suso Martínez, a segunda proposta leva por título Sedis Irienses e permitirá afondar na historia dunha das sedes episcopais máis antigas de Galicia. A visita comeza no adro da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia e inclúe unha parada no cemiterio de Adina. Terá lugar os venres 1, 8 e 22 de agosto, tamén ás 20:00 horas.

A terceira das actividades será a visita teatralizada Camiño branco de Rosalía, a cargo do grupo Os Quinquilláns. Trátase dun percorrido polas pegadas vitais e literarias da autora, con paradas en lugares emblemáticos da súa biografía. Desenvolverase os mércores 2, 10, 16, 23 e 30 de xullo, en galego, ás 20:00 horas, con saída desde Fondo de Vila.

As visitas son gratuítas, pero é necesario realizar a inscrición previa a través da páxina web de turismo do Concello (www.padronturismo.gal/inscricions)

Con esta iniciativa, o Concello de Padrón consolida a súa aposta pola cultura como motor de dinamización social e turística, ao tempo que contribúe á divulgación do seu valioso legado histórico e literario.

 

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.