Novas

O Concello de Padrón outorga os premios da quedada fotográfica con FotoWalk Galicia

4 Set 2025 | Turismo

• Beatriz Maroño, José Luis Domínguez, Ana Vázquez e Alain Miñones resultaron gañadores nas catro categorías do certame
• Os premios inclúen libros de Camilo José Cela, un bono para practicar paddel surf e lotes de produtos gastronómicos
• A primeira edición contou coa participación de 60 persoas e o Concello agradece a acollida da iniciativa

O Concello de Padrón deu a coñecer os gañadores da primeira edición da quedada fotográfica organizada en colaboración coa comunidade de creadores FotoWalk Galicia, celebrada o pasado 14 de xuño e na que participaron arredor de sesenta persoas.

Nesta ocasión, o certame propuxo catro bloques temáticos ligados á oferta turística local: Padrón Xacobeo, Padrón Literario, Padrón Gastronómico e Padrón Natural. Entre as imaxes recibidas, o persoal municipal e a organización de FotoWalk Galicia escolleron unha gañadora en cada modalidade.

Na categoría de Padrón Xacobeo resultou premiada Beatriz Maroño Álvarez, de Ferrol, mentres que o galardón de Padrón Literario recaeu en José Luis Domínguez Corral, de Cambre. Pola súa banda, Ana Vázquez, da Coruña, foi a gañadora na modalidade de Padrón Gastronómico, e Alain Miñones Mallo obtivo o premio en Padrón Natural.
Os galardóns inclúen un lote de libros de Camilo José Cela, doados pola Fundación do escritor en Iria Flavia; un bono para dúas persoas para gozar dunha ruta en paddel surf, cortesía da empresa Paddel Surk Ilinx Sup; e dous lotes de produtos gastronómicos locais.

Desde o Concello de Padrón destacan a boa acollida desta primeira quedada, que combinou faladoiros fotográficos e visitas guiadas polos principais recursos turísticos da vila. A concellaría de Turismo xa avanza a súa intención de darlle continuidade a esta colaboración con FotoWalk Galicia e confía en manter o interese e a elevada participación rexistrada nesta edición inaugural.

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.