Novas

Concurso de decoración de balcóns, fiestras, escaparates e fachadas ‘Nadal na rúa’

12 Nov 2020 | Turismo

Co obxectivo de dinamizar a vila e de animar o rueiro do municipio de cara ao Nadal, o Concello de Padrón vén de dar luz verde ao primeiro concurso de decoración de balcóns, fiestras, escaparates e fachadas ao longo do municipio. O deseño desta iniciativa busca a participación activa da veciñanza e dos sectores do comercio e da hostalaría do Concello para crear unha imaxe global máis atractiva tanto para a veciñanza como para os visitantes. Os elementos decorativos de Nadal contribuirán así a embelecer e poñer en valor o patrimonio arquitectónico da vila.

As decoracións deberán estar visibles dende a vía pública. O período de exhibición das decoracións deberá ser do 10 de decembro de 2020 ao 7 de xaneiro de 2021
ambos incluídos.

Poderán tomar parte no concurso todas aquelas persoas maiores de 18 anos de idade que o desexen, persoas propietarias ou arrendatarias de inmobles e/ou persoas encargadas da xestión de empresas de comercio e hostalería que cubran o formulario de inscrición, aceptando as bases do concurso.
Establecéronse dúas categorías:
– Particulares: Poderán participar todas aquelas persoas que realicen a súa montaxe no seu balcón, fiestra, porta ou fachada da súa casa.
– Empresas: Poderán participar establecementos hostaleiros e comerciais localizados no termo municipal de Padrón.

A inscrición será de balde e realizarase na Oficina de Turismo de Padrón situada na planta baixa da Biblioteca Municipal, na Avenida de Compostela s/n, ou no correo electrónico turismo@padron.gal como
data máxima o martes 10 de decembro do 2020.

Os premios do concurso serán:
– Premio a empresas: Diploma e 500€
– Premio a particulares: Diploma e 250€
– Premio especial: Diploma e 100€
– 5 vales de 20€
O importe dos premios quedará suxeito ás retencións fiscais que marque a Lei.

+ info nas bases do concurso