Novas

Campaña ‘Vive Padrón’, comparte e participa – Ten premio

1 Xul 2021 | Turismo

A campaña ‘Vive Padrón’ arranca o 1 de xullo cun concurso nas redes sociais, concretamente a través de Instagram. Trátase dunha iniciativa que pretende impulsar o turismo e comercio local, ao mesmo tempo que se erixe coma unha proposta sostible.

A mecánica da promoción consiste en:

  • Subir á súa conta de Instagram un selfie persoal ou colectivo diante dun dos recursos culturais, patrimoniais, etnográficos, naturais ou gastronómicos de Padrón.
  • Etiquetar a Padrón Turismo.
  • Empregar o hashtags #VivePadrón.
  • Seguir a  Padrón Turismo.

Data de inicio e finalización

A promoción #VivePadrón realizarase dende o 1 de xullo ata o 15 outubro (ambos inclusive) Realizarase un sorteo entre todas as persoas que participen cada mes, da seguinte forma:

  • 1 sorteo coas persoas que participen dende o 1 ao 31 de xullo.
  • 1 sorteo coas persoas que participen dende o 1 ao 31 de agosto.
  • 1 sorteo coas persoas que participen dende o 1 ao 30 de setembro.
  • 1 sorteo coas persoas que participen dende o 1 ao 15 de outubro.

Ao remate de cada mes, cada persoa gañadora será elixida de forma aleatoria entre todas as persoas que participen a través dunha plataforma na rede. Unha persoa por cada mes e sorteo.

Ao día seguinte ás 12.00 horas publicarase a través da páxina de Padrón Turismo da rede social Instagram o nome das persoas gañadoras, que terán que poñerse en contacto coa oficina de turismo de Padrón para indicarlle como consumir o seu premio. Os días de publicación das persoas gañadoras será o 1 de agosto, 1 de setembro, 1 de outubro e 16 de outubro.

A persoa gañadora terá que comunicar a aceptación do premio antes de 72 horas, confirmándoo con Padrón Turismo a través da conta do correo electrónico turismo@padron.gal e comunicar a súa identidade (DNI, nome e apelidos, e un teléfono de contacto) e asegurar así a comunicación co Concello de Padrón a efectos de acreditar a confirmación da identidade e o premio. Estes datos serán usados exclusivamente para a comunicación do premio ou aclarar calquera continxencia unha vez aceptado.

BASES CONCURSO #VIVEPADRÓN 2021_GAL