Novas

A concellaría de Turismo de Padrón editará un libro sobre o ano Xacobeo 2021

8 Feb 2021 | Turismo

A importancia do Xacobeo e a súa ligazón co concello de Padrón quedará recollida nun libro, que editará a concellaría de Turismo ao longo deste ano. O primeiro paso é recoller información e fotografías para nutrir de contido esta publicación que pretende dar protagonismo á veciñanza. Por tanto, todas aquelas persoas que queiran colaborar xa poden enviar artigos e fotografías que mostren a forte vinculación de Padrón co fito histórico do Xacobeo e tamén a súa importancia na tradición da chegada do apóstolo a Galicia. As imaxes e os artigos poderán abordar esta vinculación a través de elementos patrimoniais, naturais ou de tradición oral.

Lorena Couso, concelleira de Turismo, sinalou que “este libro pretende amosar a tradición Xacobea do noso concello, así como dar voz á nosa veciñanza para profundar na historia da vila e para tamén ter a oportunidade de explorar diversas miradas do Camiño. Dende o equipo de goberno lévamos anos insistindo na importancia da Pedronía para Padrón e nos vindeiros anos pensamos intensificar a nosa labor neste eido”.

O prazo para enviar os escritos e as imaxes rematará o vindeiro 31 de marzo. O enderezo para envialos é turismo@padron.gal, dende este departamento organizarán toda a información que reciban para por en marcha a publicación do libro. As claves para participar neste proxecto editorial son o envío no prazo indicado en formato word ou PDF no caso dos artigos e en PNG, TIFF ou JPG no caso das imaxes, que ademais deben ter unha resolución óptima. Asemade os textos achegaranse en galego normativo –dende o departamento de Turismo só se corrixirán cuestións relacionadas coa ortografía ou de adaptación á normativa vixente, en ningún caso cuestións de estilo-.

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.