A concellaría de Turismo do Concello de Padrón recompila e analiza todos os datos da enquisa realizada online no marco do Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio elaborado por este departamento. Os resultados da fase de consulta mostran que tanto a comunidade local coma os axentes implicados apostan por un modelo de turismo sostible. As propostas trasladadas a través desta enquisa reflexan que a cidadanía quere que dende o Executivo local se traballe en iniciativas para consolidar Padrón coma un destino verde e sostible no que as actividades ao aire libre e en contacto coa natureza teñan especial protagonismo e se aposte por unha idea de turismo saúdable e que potencia o benestar persoal.
“Coñecer a opinión da nosa veciñanza é moi importante para o noso equipo, xa que iso axúdanos a coñecer mellor as súas necesidades e aportar as solucións axeitadas. Toda esta información guiará os nosos proxectos turísticos”, explicou Lorena Couso, concelleira de Turismo.
Ás máis de 100 persoas que participaron nesta enquisa consideran que o turismo e o comportamento dos viaxeiros cambiou pola pandemia, e as tendencias do futuro van nesta liña. Segundo a opinión cidadá, o equipo de gobierno do Executivo padronés debe promocionar o turismo de proximidade, crear bonos e concursos para o comercio local e a plaza de Abastos, e crear oferta de ocio para nenos e nenas, e máis radiante dirixirse á turistas das comunidades veciñas. A maior parte dos enquistados consideran que en primeiro lugar, o executivo ten que poñer en marcha políticas de choque, e posteriormente no futuro planificar políticas que convirtan Padrón nun destino sostible e de benestar.
As propostas máis destacadas desta enquisa son as que solicitan máis apoio para promocionar as ofertas do comercio local, novas actividades para a praza de abastos, que o mercado dominical amplíe espazos, que se aposte por zonas verdes, que se profundice en accións que promocionen o Camiño de Santiago, que se contraten máis actuacións musicais e se organicen actividades na natureza, que se poña en valor os produtos locais e da cultura
Boa acollida do Plan de Reactivación
Os padroneses e padronesas consideran, segundo as respostas desta enquisa, que o Goberno de Padrón vai no bo camiño, posto que valoran cunha nota de 4 sobre 5 as accións de promoción en torno a unha idea de turismo sostible no territorio. O 97% dos enquistados están convencidos de que o turismo é un sector de gran importancia para a vila de Padrón, xa que del dependen numerosos costos de traballo.