03/05/2024
Todo o día
Unha producción do Centro Dramático Galego, que terá lugar o próximo 3 de maio de 2024 ás 18.00 h no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
A obra está dirixida por Tamara Canosa e a dramaturxia corre a cargo de Xacio Baño e a propia Tamara Canosa.
Haberá autobús de balde (dentro do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego) que sairá as 16.20horas do Campo do Souto (xunto á piscina) o 3 de maio de 2024. A volta do autobús tras a función será as 20.30h.
O prezo da entrada é de 3€ por persoa.
Aforo limitado.
Máis información e inscricións no 981 811 329 e cultura@padron.gal