Axenda

Semana Santa Padronesa – Programa completo

15/04/2022
00:00


PROGRAMA DA SEMANA SANTA PADRONESA 2022

Pregón da Semana Santa: Venres  1 de abril

Organizado pola Confraría do Santo Enterro, terá lugar na igrexa parroquial o PREGÓN DA SEMANA SANTA, ás 20.15h. Será pronunciado por Dr. don Francisco Durán Villa, Presidente da Archiconfraría Universal do Apóstolo Santiago e docente na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.  Deseguido intervirá a Coral Polifónica Padronesa, acompañada por don Adrián Regueiro García, organista da Catedral de Santiago, que interpretará algunhas pezas de música sacra.

Comezo do  Setenario da Virxe das Dores: Sábado 2 de abril

Organizado pola Confraría da Virxe das Dores, tódolos días ás 19:30h terá lugar o rezo do Santo Rosario e da oración propia do Setenario, trala cal, ás 20:00h, celebrarase a Santa Misa, ofrecida polos fieis devotos de Nosa Señora das Dores, vivos e defuntos.

Venres das Dores: 8 de abril ás 19:00h rezo do Santo Rosario e da oración propia do Setenario. Ás 20:00h, Misa Solemne. A Continuación, organizada pola súa Confraría, sairá a Procesión da Virxe das Dores, percorrendo as rúas de costume.

Antes da misa, farase entrega, por primeira vez na súa historia, das Medallas de Honra a algunhas persoas e institucións que, dende a fundación desta confraría, destacan pola súa disposición a colaborar xenerosamente na organización e celebración solemne dos diversos actos do Setenario.

Misa da Confraría do Santo Enterro: Sábado 9 de abril ás 20:00h, celebrarase a Santa Misa anual polos membros e colaboradores, vivos e defuntos, da Confraría do Santo Enterro.

Domingo de Ramos: 10 de abril ás 11:30h procederase á acollida e imposición de escapularios aos novos membros da Confraría do Santo Enterro e seguidamente á bendición das palmas e dos ramos de oliveira na Igrexa parroquial. Ó seu remate sairá a Procesión de Ramos coa imaxe da entrada de Xesús en Xerusalén, que discorrerá o traxecto habitual. Recollido o cortexo procesional terá lugar a celebración da Santa Misa do Domingo de Ramos na Paixón do Señor (ás 12.30h aproximadamente.).

Xoves Santo: 14 de abril

Ás 19:30h terá lugar a celebración da Santa Misa da Cea do Señor. Ó seu termino sairá a Procesión do Encontro ( ás 20:30h aproximadamente.) que seguirá a seguinte orde:

En primeiro lugar fará a súa saída a imaxe de Xesús Nazareno, acompañada polos membros da Confraría do Santo Enterro e de tódalas persoas que o desexen, percorrendo as rúas de costume.

En segundo lugar sairá a imaxe da Virxe das Dores, xunto ás de San Xoán Apóstolo e a Verónica, acompañadas polos membros da Confraría da Virxe das Dores, ademais de algunhas señoras ataviadas con mantilla española e de tódalas persoas que queiran, percorrendo o traxecto habitual.

Na Praza de Macías representarase a escena do Santo Encontro do Xesús Nazareno, camiño do Calvario, coa súa Nai, a Virxe María, na que interveñen San Xoán e a Verónica, actuando de narrador o Rvdo. P. Benjamín Picado González, cmf.

A continuación, nun so desfile procesional, regresará cara a Igrexa.

Ás 23:00h sairá a Procesión da Santa Cruz do Calvario coas imaxes da Santa Cruz, e do Ecce Homo, acompañadas polos membros da Confraría do Santo Enterro portando fachos, ademais dalgúns penitentes arrastrando cadeas suxeitas aos seus pes, acompasados polo ritmo da Banda de Tambores e o son de carracas e matracas. Recollida a procesión, a Igrexa permanecerá pechada ata o venres ás 09:00h.

Venres Santo: 15 de abril

Ás 11:30h realizarase na Igrexa Parroquial o rezo do Vía Crucis.

Ás 18:30h comezarán os Santos Oficios da Paixón do Señor. A continuación representarase a escena do Desencravo de Xesús da Cruz, narrada polo Rvdo. P. Benjamín Picado González, cmf. Ao seu remate ( ás 20:00h aprox.) sairá a  Procesión do Santo Enterro, facendo o percorrido de costume. A Santa Urna do Cristo Xacente percorrerá cortexada polos seus confrades.

Recollida na Igrexa a Procesión do Santo Enterro (ás 21:00h aproximadamente), fará a súa saída a Procesión da Soidade, popularmente coñecida co nome da Procesión dos Caladiños. Acompañando a imaxe da Virxe da Soidade polo traxecto habitual irán os seus confrades, xunto con algunhas mulleres tocadas con mantilla española e tódalas persoas que queiran unirse ao cortexo mariano.

Sábado Santo: 16 de abril, ás 21:00h comezará a Solemne Vixilia da Resurrección do Señor, coa que se abre o tempo litúrxico de PASCUA.

 

 

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
2
3
4
5
17ª ANDAINA BISBARRA DO SAR
13/04/2024    
Todo o día
O próximo 13 de abril de 2024, terá lugar a 17ª edición da Andaina Bisbarra do Sar.´ A proba percorrerá os concellos de Rois, Padrón [...]
TEATRO "OS ACTOS E AS PROFECÍAS"
03/05/2024    
Todo o día
Unha producción do Centro Dramático Galego, que terá lugar o próximo 3 de maio de 2024 ás 18.00 h no Salón Teatro de Santiago de [...]
Events on 13/04/2024
Events on 03/05/2024

Próximos eventos