Axenda

Semana Santa de Padrón 2026 – Programación completa

20/03/2026 - 04/04/2026
Todo o día


PROGRAMA DA SEMANA SANTA PADRONESA 2026

Pregón da Semana Santa: Venres 20 de marzo

Terá lugar na igrexa parroquial o PREGÓN DA SEMANA SANTA, ás 20.00 h. Será pronunciado por D. Marcelino Agís Villarde, Catedrático de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Academia Xacobea.  O acto pecharase coa intervención do Cuarteto de Corda Campo de Estrellas, que interpretará algunhas pezas do seu repertorio.

Comezo do  Setenario da Virxe das Dores: Sábado 21 de marzo

Organizado pola Confraría da Virxe das Dores, tódolos días ás 19:30 h terá lugar o rezo do Santo Rosario e da oración propia do Setenario, trala cal, ás 20:00 h, celebrarase a Santa Misa, ofrecida polos fieis devotos de Nosa Señora das Dores, vivos e defuntos.

Venres das Dores: 27 de marzo ás 19:00 h rezo do Santo Rosario e da oración propia do Setenario. Deseguido entregarán as Medallas de Honra da Confraría á Confraría do Santo Enterro de Padrón e á Confraría da Virxe das Dores de Pontecesures. Ás 20:00 h, Misa Solemne. A continuación, organizada pola súa Confraría, sairá a Procesión da Virxe das Dores, percorrendo as rúas de costume.

Misa da Confraría do Santo Enterro: Sábado 28 de marzo ás 20:00 h, celebrarase a Santa Misa anual polos membros e colaboradores, vivos e defuntos, da Confraría do Santo Enterro. Antes, ás 19.30h farase entrega das Medallas de Honra da Confraría do Santo Enterro á Josefa Silva Pérez, Manuela Paz Lamas e Maruxa Quintáns Mene.

Domingo de Ramos: 29 de marzo ás 11:30 h procederase á bendición das palmas e dos ramos de oliveira na Igrexa parroquial. Ó seu remate sairá a Procesión de Ramos coa imaxe da entrada de Xesús en Xerusalén, que discorrerá o traxecto habitual. Recollido o cortexo procesional terá lugar a celebración da Santa Misa do Domingo de Ramos na Paixón do Señor (ás 12.30 h aproximadamente)

Ás 19.00 h na capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco, misa de Domingo de Ramos. Ao rematar, organizada pola V-O-T, en colaboración coa parroquia de Santiago e as súas Confrarías do Santo Enterro e da Virxe das Dores, sairá a procesión do Ecce Homo.

Xoves Santo: 2 de abril

Ás 19:30 h terá lugar a celebración da Santa Misa da Cea do Señor. Ó seu termino sairá a Procesión do Encontro ( ás 20:30 h aproximadamente.) que seguirá a seguinte orde:

En primeiro lugar fará a súa saída a imaxe de Xesús Nazareno, acompañada polos membros da Confraría do Santo Enterro e de tódalas persoas que o desexen.

En segundo lugar sairá a imaxe da Virxe das Dores, xunto ás de San Xoán Apóstolo e a Verónica, acompañadas polos membros da Confraría da Virxe das Dores, ademais de algunhas señoras ataviadas con mantilla española e de tódalas persoas que así o queiran.

Na Praza de Macías representarase a escena do Santo Encontro do Xesús Nazareno, camiño do Calvario, coa súa Nai, a Virxe María, na que interveñen San Xoán e a Verónica, actuando de narrador Roberto Martínez Díaz, párroco de Padrón.

A continuación, nun so desfile procesional, regresará cara a Igrexa.

Recollida a procesión do Encontro (22.30 h apróx.) sairá a procesión da Santa Cruz do Calvario coas imaxes da Santa Cruz e do Ecce Homo, flanqueada polos membros da Confraría do Santo Enterro portando fachos, acompasados polo ritmo da Banda de Tambores e ao son das carracas.

Ao regresar, a igrexa permanecerá pechada ata o venres ás 09.00 h da mañá.

Venres Santo: 3 de abril

Ás 11:30 h realizarase na Igrexa Parroquial o rezo do Vía Crucis.

Ás 18:30 h comezarán os Santos Oficios da Paixón do Señor. A continuación representarase a escena do Desencravo de Xesús da Cruz, narrada polo Rvdo. P. Benjamín Picado González, cmf. Ao seu remate ( ás 20:00 h apróx.) sairá a  Procesión do Santo Enterro, facendo o percorrido de costume. A Santa Urna do Cristo Xacente percorrerá cortexada polos seus confrades.

Recollida na Igrexa a Procesión do Santo Enterro (ás 21:00 h apróx.), fará a súa saída a Procesión da Soidade, popularmente coñecida co nome da Procesión dos Caladiños. Acompañando a imaxe da Virxe da Soidade polo traxecto habitual irán os seus confrades, xunto con algunhas mulleres tocadas con mantilla española e tódalas persoas que queiran unirse ao cortexo mariano.

Sábado Santo: 4 de abril, ás 21:00 h comezará a Solemne Vixilia da Resurrección do Señor, coa que se abre o tempo litúrxico de PASCUA.

 

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
2
3
19 Andaina Bisbarra do Sar
18/04/2026    
Todo o día
19 Andaina Bisbarra do Sar Sábado 18 de abril Máis datos en https://www.andainabisbarradosar.com/ Inscricións en https://www.avaibooksports.com/inscripcion/andainas-bisbarra-do-sar-2026/
XVIII Ruta Internacional de motos antigas Terras de Padrón
01/05/2026    
11:00 - 15:00
XVIII Ruta Internacional de motos antigas Terras de Padrón 1 de maio de 11.00  a 15.00h en el Hotel Scala. Máis información en: info@motosantigasdepadron.com // [...]
Events on 18/04/2026
Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.