Axenda

Romaría do Santiaguiño do Monte

17/07/2025 - 26/07/2025
Todo o día


O amplo programa de actividades desenvolverase entre o 17 e o 26 de xullo e inclúe música, teatro, espectáculos infantís e de rúa, así  como emblemática romaría popular do 25 de xullo. Todos os espectáculos son gratuítos.

Un dos pratos fortes do programa é o festival Ultreia, que terá lugar a fin de semana do 18 e do 19 de xullo e contará cunha chea de actuacións dos máis diversos estilos para todo tipo de públicos. Abranguerá tanto a música tradicional de Xurxo Fernandes ou a mestizaxe musical do Sonoro Maxín (ámbalas actuacións, o venres na praza de Macías) como a proposta de cultura urbana O son do Sar, con rap, regueifas ou freestyle (o sábado no Espolón). A madrugada de venres e de sábado a troula continuará con Open Air e DJ como Matrek, Iván Mata, La Buena Vida, Prada, MRJ e Pitty. Ademais, o festival contará os dous días con punto lila no Paseo do Espolón.

O público familiar e a cativada serán os grandes protagonista do programa nos seguintes días. O luns 21 de xullo, Teatro Gazafelhos e a escritora e divulgadora María Canosa poñerán en escea H2… Oh!, unha proposta chea de curiosidades científicas e humor que buscará a complicidade da persoas asistentes para levar a cabo diversos experimentos.

As propostas para todas as idades continuarán o martes 22 co espectáculo de novo circo e acrobacias aéreas Dende arriba, da compañía Hípica Celta, e o mércores 23, con catro funcións do mago Antón xunto á obra de teatro infantil Barriga Verde e o Estragapandeiros, a cargo de Títeres Cascanueces.

Ademais, nenas e nenos contarán cunha festa propia neste Santiaguiño 2025. Celebrarase no campo do Souto o xoves 24 entre as 5 e as 9 da tarde e estará chea de diversión e sorpresas.

Este xoves 24, a festa estenderase dende a tarde ata ben entrada a madrugada cunha intensa programación, que se completará coa actuación da asociación cultural Rosalía de Castro no Xardín Botánico-Artístico; cun monólogo de Pepe Suevos; e coa animación musical do grupo padronés UYF’75, da banda Somoza Trío e do DJ Bruno Deejay.

O día grande das festas, venres 25 de xullo, celebrarase a tradicional romaría na área recreativa do Santiaguiño do Monte. A xornada iniciarase ás 10.00h coa misa na igrexa parroquial de Santiago, seguida da tradicional procesión ata o monte, lugar no que se celebrarán a misa grande cantada pola Coral Polifónica Padronesa e a popular sardiñada, con reparto gratuíto de cachelos, pan de millo e bolos preñados. Durante todo o día haberá animación musical a cargo dos grupos folclóricos O’Pedrón, Rosalía de Castro, San Pedro de Carcacía, A Arreixeira e Xoldra, mentres que a cativada poderá desfrutar dunha nova celebración infantil, con inchables de auga e festa holi, a partir das 16.30h.

O Concello poñerá en funcionamento un servizo de transporte adaptado para facilitar á subida ao monte dende o Campo do Souto.

As festas pecharanse o sábado 26 de xullo coa recepción no Paseo do Espolón a todas as persoas participantes na Inchadiña Branca Vela, homenaxe da xente do mar a Rosalía cun desfile marítimo-fluvial remontando o Ulla e o Sar.

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
2
3
4
5
6
7
8
9
11
12
14
15
16
17
18
19
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
2
3
4
5
Visita ao Covento de Herbón
01/06/2026 - 30/10/2026    
18:00 - 19:30
Visita ao Covento de Herbón De luns a sábado ás 18.00h Punto de encontro: Entrada do convento
Padrón Saudable 2026
10/06/2026 - 22/06/2026    
19:00 - 20:00
Padrón Saudable 2026 Mércores 10 de xuño: Creación de pinchos creativos (4 receitas) Mércores 17 de xuño: Aprende a leer as etiqueta + 2 receitas [...]
Visita teatral ‘Macías e Elvira, tres camiños, tres destinos’
13/06/2026 - 27/06/2026    
12:00 - 13:00
Visita teatral ‘Macías e Elvira, tres camiños, tres destinos’ Data: 13 e 27 de xuño Hora: 12.00 Lugar: Xardín Botánico Artístico de Padrón Inscricións: www.padronturismo.gal/inscricions
Cela, a visita guiada
20/06/2026    
12:00 - 13:15
Cela, a visita guiada Suso Martínez, caracterizado como 'Matías Martí', condúcenos polo universo vital e lierario do premio Nobel. O museo da Fundación, a casa [...]
Events on 01/06/2026
Events on 10/06/2026
Events on 20/06/2026