29/04/2023 - 31/05/2023
Todo o día
Programación completa do Padrón Literario 2023
Sábado 29 de abril durante todo o día. Ruta Rosaliana As Pegadas de Rosalía. Dos concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón. Prazas limitadas. Inscricións: padronturismo.gal/inscricions/
Xoves 4 de maio ás 20.00h Presentación do libro Xardín Botánico Artístico de Padrón de Carlos Rodríguez Dacal. Entrada libre ata completar aforo.
Do 11 ao 19 de maio na Fundación Pública Galega Camilo José Cela. LETRESEO. Semana das Letras no Museo. Actividades espaciais para os centros escolares. Semana de portas abertas para tódolos públicos no Museo (entrada gratuíta), en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 h.
Xoves 11 de maio ás 11.30h. Ofrenda floral no cemiterio de Adina en Iria Flavia. Evento aberto a tódolos públicos no que participarán as autoridades.
Venres 12 de maio. Na Fundación Pública Galega Camilo José Cela. Ondamini, concerto a dúo para o alumnado das Escolas Unitarias do concello de Padrón.
Sábado 13 de maio ás 00h no Auditorio Municipal de Padrón. Concerto das Letras Galegas a cargo da Coral polifónica de Padrón, a Coral polifónica de Pontecesures e a Coral polifónica de Zamazáns de Vigo.
Luns 15 de maio.
- Na Fundación Pública Galega Camilo José Cela. Ondamini, concerto a dúo para o alumnado do CEIP Flavia de Padrón.
- Na Fundación Pública Galega Camilo José Cela. Actividade de probas sensoriais e xogo-concurso, para o alumnado do IES Macías o Namorado de Padrón.
Martes 16 de maio.
- Na Fundación Pública Galega Camilo José Cela. Ondamini, concerto a dúo para o alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Padrón. Actividade de probas sensoriais e xogo-concurso, para o alumnado do IES Camilo José Cela de Padrón.
- Ás 18.00 h no parque infantil de Padrón (rúa Taforna): Fantoches Baj: “A viaxe feliz de Ramón Sanfiz”(en caso de mal tempo, Auditorio Municipal).
Mércores 17 de maio
- Ás 12.00h. Visita teatral ‘Camiño branco de Rosalía’. Visita para todos os públicos pola zona vella de Padrón. Punto de encontro o cruceiro de Fondo de Vila. Inscricións: www.padronturismo.gal/inscricions/
- Ás 20.00h. Concerto de Pablo Castaño no Auditorio da Casa Museo Rosalía de Castro. Entrada libre ata completar aforo.
Venres 19 de maio ás 20.00h: A cultura rula X Padrón. Culturactiva Producións: “Desconcerto” (espectáculo cómico de música). Campo da festa de Carcacía (en caso de mal tempo, adiarase)
Venres 26 de maio
- Ás 17.00h. Iniciación ao manga, rompendo estereotipos. Público a partir de 12 anos. Prazas limitadas. Inscricións na Biblioteca Municipal.
- Ás 20.00h A cultura rula X Padrón. Vero Rilo: “Cacho animalada” (narración oral e música).Campo da capela de Pazos (en caso de mal tempo, adiarase).