Axenda

PADRÓN LITERARIO 2022

02/05/2022 - 27/05/2022
00:00


O mes de maio é o mes das letras tamén en Padrón.

PROGRAMA COMPLETO

  • Luns 2 de maio ás 11.00h no Auditorio Municipal de Padrón. Contacontos ilustrado “De Valdeorras a México. TERRA A NOSA!” Pequena biografía de Florencio Delgado Curriarán. Dirixido a 6º de primaria do CEIP Flavia e CEIP Rosalía de Castro.
  • Sábados 7, 14, 21, 28 de maio e 4 de xuño. Visitas teatrais “Macías e Elvira, tres camiños, tres destinos” Xardín Botánico Artístico de Padrón ás 12.00 h (agás o 7, ás 12.30 h). Visitas abertas ao público. Prazas limitadas. Inscricións:www.padronturismo.gal/inscricions/  Haberá visitas teatrais entre semana para os centros escolares de Padrón.
  • Do 9 ao 20 de maio na Fundación Pública Galega Camilo José Cela. Semana das Letras no Museo. Actividades especiais para os centros escolares. Semana de portas abertas para tódolos públicos na Fundación.
  • O 10, 11 e 12 de maio na Fundación Pública Galega Camilo José Cela. Actuación de PAKOLAS destinado ás escolas unitarias e infantil dos CEIP Flavia e CEIP Rosalía de Castro de Padrón.
  • O 9 e o 24 de maio. Escape Room na Fundación Pública Galega Camilo José Cela para o alumnado do IES Macías o Namorado e o IES Camilo José Cela en colaboración con Arenaria Coordinación S.L
  • Mércores 11 de maio ás 11.00h. Ofrenda floral no cemiterio de Adina en Iria. Evento aberto a todo o público no que participarán as autoridades e o alumnado de varios IES do Concello de Padrón e arredores.
  • Mércores 11 de maio ás 19.00h na Fundación Pública Galega Camilo José Cela visita teatral por Suso Martínez como ‘Matías Martí’. Lembranza a Pedro Brandariz. Actividade para tódolos públicos. Inscrición na Fundación Pública Camilo José Cela, 981 81 24 25 ou visitas@fundacioncela.com
  • Venres 13 de maio ás 20.00h no campo da festa en Iria Flavia. Contos e teatro de obxectos con ‘O Peirao’ de Diáspora Teatro. Público familiar.
  • Sábado 14 de maio ás 20.00h no Auditorio Municipal de Padrón. Concerto das Letras Galegas a cargo da Coral polifónica de Padrón, a coral polifónica de Betanzos e a coral polifónica de Carral.
  • Luns 16 de maio pola mañá na praza de Macías VII Festa da Lingua. No acto participarán o alumnado do IES Macías o Namorado e o IES Camilo José Cela.
  • Luns 16 de maio ás 18.00h no Auditorio Municipal de Padrón. Concerto ‘A miña lingua, a túa lingua’ de O Viravai
  • Martes 17 de maio ás 12.00h. Visita teatral ‘Camiño branco de Rosalía’. Visita para todos os públicos pola zona vella de Padrón. Punto de encontro o cruceiro de Fondo de Vila.
  • Mércores 18 de maio ás 19.00h. Tertulias Clandestinas con Camila Trulock Bertorini nos Xardíns do Museo Camilo José Cela. Actividade para todos os públicos. Aforo limitado. Inscricións: www.padronturismo.gal/inscricions/ .
  • Venres 20 de maio ás 20.00h na praza da Capela de Pazos. Circo e acrobacias con ‘4.0’ de Sue Moreno. Público familiar.
  • Sábado 21 de maio ás 16.00h. ruta “Rosalía nos camiños”. Ruta de 15 km para todos os públicos. Punto de encontro: Monumento de Rosalía de Castro, no paseo do Espolón. Inscricións: https://emesports.es/
  • Xoves 26 de maio ás 19.00h na Fundación Pública Galega Camilo José Cela. Inauguración da exposición ‘Padrón teu Camiño, teu Destino’. Visita á exposición por parte da artista das obras, Loreto Blanco e actuación da cantante Nastasia. A exposición poderase visitar no horario da Fundación ata o 30 de xuño.

 

 

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
1
2
Exposición ‘Picasso Vivo’
29/05/2023    
Todo o día
A Fundación Camilo José Cela organiza dende o 28 de febreiro ata o 31 de maio a exposición ‘Picasso Vivo’ Pode visitarse nas instalación da [...]
Exposición ‘Picasso Vivo’
30/05/2023    
Todo o día
A Fundación Camilo José Cela organiza dende o 28 de febreiro ata o 31 de maio a exposición ‘Picasso Vivo’ Pode visitarse nas instalación da [...]
Exposición ‘Picasso Vivo’
31/05/2023    
Todo o día
A Fundación Camilo José Cela organiza dende o 28 de febreiro ata o 31 de maio a exposición ‘Picasso Vivo’ Pode visitarse nas instalación da [...]
Visitas teatrais en Padrón 2023
03/06/2023 - 14/10/2023    
00:00
Programa de visitas teatrais en Padrón no 2023 Visitas 'Chonicón Iriense'  Punto de encontro: O adro da igrexa de Santa María a Maior de Iria [...]
Recollida das Herbas de San Xoán
23/06/2023    
18:00 - 19:30
Dende Turismo de Padrón organízase a recollida das herbas de San Xoán o vindeiro venres 23 de xuño. Hora: 18.00 a 19.30h Punto de encontro: [...]
Events on 29/05/2023
Events on 30/05/2023
Events on 31/05/2023
Events on 03/06/2023
Events on 23/06/2023