Axenda

Libro ‘Padrón Xacobeo 2021’

08/02/2021 - 31/03/2021
Todo o día


Dende a concellería de Turismo de Padrón con motivo do Ano Santo 2021 imos editar un libro de artigos e imaxes que mostren a forte vinculación da vila co fito histórico da chegada do Apóstolo a Galicia.

As persoas interesadas en participar na realización deste libro coa creación dun artigo ou con imaxes xa poden enviar a súa colaboración.

Poden ser artigos que mostren a importancia do patrimonio histórico e cultural que xira arredor da figura do apóstolo Santiago, da súa predicación e chegada a terras galegas, sobrea a tradición oral e patrimonio inmaterial que rodea a súa figura, etc.

O prazo para enviar os escritos e as imaxes rematará o vindeiro 31 de marzo. O e-enderezo para envialos é turismo@padron.gal, dende este departamento organizaremos toda a información que se reciba para por en marcha a publicación do libro. As claves para participar neste proxecto editorial son o envío no prazo indicado en formato word ou PDF no caso dos artigos e en PNG, TIFF ou JPG no caso das imaxes, que ademais deben ter unha resolución óptima. Asemade os textos achegaranse en galego normativo –dende o departamento de Turismo só se corrixirán cuestións relacionadas coa ortografía ou de adaptación á normativa vixente, en ningún caso cuestións de estilo-.

 

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
2
3
4
5
17ª ANDAINA BISBARRA DO SAR
13/04/2024    
Todo o día
O próximo 13 de abril de 2024, terá lugar a 17ª edición da Andaina Bisbarra do Sar.´ A proba percorrerá os concellos de Rois, Padrón [...]
TEATRO "OS ACTOS E AS PROFECÍAS"
03/05/2024    
Todo o día
Unha producción do Centro Dramático Galego, que terá lugar o próximo 3 de maio de 2024 ás 18.00 h no Salón Teatro de Santiago de [...]
Events on 13/04/2024
Events on 03/05/2024

Próximos eventos