26/03/2023
Todo o día
Padrón exaltará un dos seus produtos gastronómicos máis sobresaíntes: a lamprea. Esta novena edicion das Xornadas gastronómicas da lamprea desenvolverase nas fins de semana do 17 ao 19 de marzo e do 24 ao 26 de marzo e nelas participarán cinco establecementos de restauración da capital do Sar, que ofrecerán os seus menús lampreeiros a un prezo único de 40 euros.
Bar Manolo. A taberna da Matanza, Casa Farrucán, Pulpería Rial Restaurante O Santiaguiño e Restaurante o Secreto son os locais nos que os amantes da lamprea poderán gozar do seu delicioso sabor tanto con propostas tradicionais, como a da lamprea á bordalesa, como innovadoras. A promoción está suxeita a dispoñibilidade do produto.
Actividades complementarias
As persoas interesadas en saber máis sobre a lamprea, especie anterior aos dinosauros, e a súa pesca artesanal terán a oportunidade de facelo asistindo á presentación de A lamprea en Padrón, o encanto do Ulla, audiovisual que se presentará o xoves 23 de marzo ás 19.30 horas na igrexa da Nosa Señora da Mercé de Bandín. A entrada é libre ata completar aforo.
Saborear de balde a deliciosa será posible coa Cata maridaxe, a exitosa actividade de degustación na que veñen participando persoas chegadas de todas as partes de Galicia esgotando as prazas decontado ano tras ano. Celebrarase o venres 24 de marzo ás 20 horas no Auditorio municipal e consistirá na degustación de varios pratos preparados con lamprea e que se servirán acompañados por viños da zona. As inscricións deberán facerse na web de Turismo de Padrón a partir do 14 de marzo a partir das 12.00h
Tamén conta con gran predicamento Pequechef, unha grande oportunidade para achegar ás novas xeracións de padronesas e padroneses ao mundo da lamprea. O concurso, dirixido a cativada de entre 5 e 12 anos, terá lugar no Auditorio o sábado 25 de marzo a partir das 10.30 horas e cada participante terá como misión elaborar un prato doce e outro salgado empregando como ingrediente principal a lamprea. A inscrición abrirase tamén o 14 de marzo na páxina web de Turismo de Padrón a partir das 12.00h.
Máis información das xornadas, prema aquí.