Axenda

IX Xornadas gastronómicas da lamprea en Padrón

26/03/2023
Todo o día


Padrón exaltará un dos seus produtos gastronómicos máis sobresaíntes: a lamprea. Esta novena edicion das Xornadas gastronómicas da lamprea desenvolverase nas fins de semana do 17 ao 19 de marzo e do 24 ao 26 de marzo e nelas participarán cinco establecementos de restauración da capital do Sar, que ofrecerán os seus menús lampreeiros a un prezo único de 40 euros.

Bar Manolo. A taberna da Matanza, Casa Farrucán, Pulpería Rial Restaurante O Santiaguiño e Restaurante o Secreto son os locais nos que os amantes da lamprea poderán gozar do seu delicioso sabor tanto con propostas tradicionais, como a da lamprea á bordalesa, como innovadoras. A promoción está suxeita a dispoñibilidade do produto.

Actividades complementarias

As persoas interesadas en saber máis sobre a lamprea, especie anterior aos dinosauros, e a súa pesca artesanal terán a oportunidade de facelo asistindo á presentación de A lamprea en Padrón, o encanto do Ullaaudiovisual que se presentará o xoves 23 de marzo ás 19.30 horas na igrexa da Nosa Señora da Mercé de Bandín. A entrada é libre ata completar aforo.

Saborear de balde a deliciosa será posible coa Cata maridaxe, a exitosa actividade de degustación na que veñen participando persoas chegadas de todas as partes de Galicia esgotando as prazas decontado ano tras ano. Celebrarase o venres 24 de marzo ás 20 horas no Auditorio municipal e consistirá na degustación de varios pratos preparados con lamprea e que se servirán acompañados por viños da zona. As inscricións deberán facerse na web de Turismo de Padrón a partir do 14 de marzo a partir das 12.00h

Tamén conta con gran predicamento Pequechef, unha grande oportunidade para achegar ás novas xeracións de padronesas e padroneses ao mundo da lamprea. O concurso, dirixido a cativada de entre 5 e 12 anos, terá lugar no Auditorio o sábado 25 de marzo a partir das 10.30 horas e cada participante terá como misión elaborar un prato doce e outro salgado empregando como ingrediente principal a lamprea. A inscrición abrirase tamén o 14 de marzo na páxina web de Turismo de Padrón a partir das 12.00h.

Máis información das xornadas, prema aquí. 

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
1
2
3
4
5
17ª ANDAINA BISBARRA DO SAR
13/04/2024    
Todo o día
O próximo 13 de abril de 2024, terá lugar a 17ª edición da Andaina Bisbarra do Sar.´ A proba percorrerá os concellos de Rois, Padrón [...]
Mostra Colectiva de Arte
25/04/2024 - 17/05/2024    
19:00 - 21:00
Mostra Colectiva de Arte do alumnado do IES Camilo José Cela en conmemoración polo 50 aniversario. Datas: do 25 de abril ata o 17 de [...]
Teatro "Os actos e as profecías"
03/05/2024    
Todo o día
Unha producción do Centro Dramático Galego, que terá lugar o próximo 3 de maio de 2024 ás 18.00 h no Salón Teatro de Santiago de [...]
Events on 13/04/2024
Events on 25/04/2024
Events on 03/05/2024

Próximos eventos