Axenda

IX Xornadas gastronómicas da lamprea en Padrón

26/03/2023
Todo o día


Padrón exaltará un dos seus produtos gastronómicos máis sobresaíntes: a lamprea. Esta novena edicion das Xornadas gastronómicas da lamprea desenvolverase nas fins de semana do 17 ao 19 de marzo e do 24 ao 26 de marzo e nelas participarán cinco establecementos de restauración da capital do Sar, que ofrecerán os seus menús lampreeiros a un prezo único de 40 euros.

Bar Manolo. A taberna da Matanza, Casa Farrucán, Pulpería Rial Restaurante O Santiaguiño e Restaurante o Secreto son os locais nos que os amantes da lamprea poderán gozar do seu delicioso sabor tanto con propostas tradicionais, como a da lamprea á bordalesa, como innovadoras. A promoción está suxeita a dispoñibilidade do produto.

Actividades complementarias

As persoas interesadas en saber máis sobre a lamprea, especie anterior aos dinosauros, e a súa pesca artesanal terán a oportunidade de facelo asistindo á presentación de A lamprea en Padrón, o encanto do Ullaaudiovisual que se presentará o xoves 23 de marzo ás 19.30 horas na igrexa da Nosa Señora da Mercé de Bandín. A entrada é libre ata completar aforo.

Saborear de balde a deliciosa será posible coa Cata maridaxe, a exitosa actividade de degustación na que veñen participando persoas chegadas de todas as partes de Galicia esgotando as prazas decontado ano tras ano. Celebrarase o venres 24 de marzo ás 20 horas no Auditorio municipal e consistirá na degustación de varios pratos preparados con lamprea e que se servirán acompañados por viños da zona. As inscricións deberán facerse na web de Turismo de Padrón a partir do 14 de marzo a partir das 12.00h

Tamén conta con gran predicamento Pequechef, unha grande oportunidade para achegar ás novas xeracións de padronesas e padroneses ao mundo da lamprea. O concurso, dirixido a cativada de entre 5 e 12 anos, terá lugar no Auditorio o sábado 25 de marzo a partir das 10.30 horas e cada participante terá como misión elaborar un prato doce e outro salgado empregando como ingrediente principal a lamprea. A inscrición abrirase tamén o 14 de marzo na páxina web de Turismo de Padrón a partir das 12.00h.

Máis información das xornadas, prema aquí. 

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
27
28
29
30
1
3
4
5
7
10
11
12
13
14
17
18
19
21
24
25
30
31
Teatro: 'Xustiza queredes, xustiza teredes'
02/12/2023    
19:00 - 20:30
TERUCA BOUZA: "XUSTIZA QUEREDES, XUSTIZA TEREDES" Data: sábado 2 de decembro Hora: ás 19.00h Lugar: no Auditorio Municipal. Entrada de balde ata completar aforo.
Concerto 'Galiza na veas' da orquestra Gaos
06/12/2023    
19:00 - 20:30
ORQUESTRA GAOS: "GALIZA NAS VEAS. 15º aniversario Orquestra Gaos" Data: mércores 6 de decembro Hora: ás 19.00h Lugar: no Convento do Carme Entrada de balde [...]
Festa da Santiña 2023 - Extramundi
08/12/2023    
Todo o día
O día 8 de decembro temos unha nova cita en Extramundi coa celebración das Festas da Santiña.
Actuación da Banda Airiños de Fene: Setestrelo 'O Camiño'
08/12/2023    
19:00 - 20:30
BANDA DE GAITAS AIRIÑOS DE FENE: SETESTRELO: " O CAMIÑO" Data: venres 8 de decembro Hora: ás 19.00h Lugar: no Auditorio Municipal. Entrada de balde [...]
Teatro 'Todo nunha noite'
09/12/2023    
19:00 - 20:30
ABISMO CARACOL: " TODO NUNHA NOITE" Data: sábado 9 de decembro Hora: ás 19.00h Lugar: no Auditorio Municipal. Entrada de balde ata completar aforo.
Nadal en Padrón 2023 - Programación completa
15/12/2023 - 06/01/2024    
Todo o día
Venres 15: Teatro 'Palabras' ás 18.00h no Auditorio Municipal. Sábado 16: Concerto de Nadal da Banda de música municipal de Padrón ás 19.00 h no [...]
Teatro 'Palabras' de Baobab Teatro
15/12/2023    
18:00 - 19:30
Teatro 'Palabras' de Baobab Teatro destinado a público infantil. Ás 18.00h no Auditorio Municipal Todas as actividades son de balde ata completar aforo. 
Concerto de Nadal da Banda Municipal de Padrón
16/12/2023    
19:00 - 20:30
CONCERTO DE NADAL- BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE PADRÓN. Data: sábado 16 de decembro Hora: ás 19.00h Lugar: no Auditorio Municipal. Entrada de balde ata [...]
Obradoiro científico 'A túa postal con circuito electrónico'
20/12/2023    
17:00 - 19:00
Obradoiro científico ‘A túa postal con circuito eléctrico’ na Biblioteca Municipal Horario: de 17.00 a 19.00h Para público de 8 a 12 anos.
Recepción de Papa Noel e os seus elfos
22/12/2023    
18:00 - 19:00
Recepción de Papa Noel e os seus elfos A partir das 18.00 h na praza de Macías Todas as actividades son de balde ata completar [...]
Concerto de Broken Peach
22/12/2023    
19:00 - 21:00
Concerto de Broken Peach co seu espectáculo de Nadal. Praza de Macías ás 19.00h Todas as actividades son de balde ata completar aforo. 
Festival de Panxoliñas da Coral polifónica padronesa
23/12/2023    
19:00 - 20:00
FESTIVAL DE PANXOLIÑAS- CORAL POLIFÓNOCA PADRONESA. Data: sábado 23 de decembro Hora: ás 19.00h Lugar: no Auditorio Municipal. Entrada de balde ata completar aforo.
Obradoiros infantís de Nadal
26/12/2023    
18:00 - 20:00
Obradoiros de circo, de colgadores para a árbore e postais de Nadal, e posto de tatuaxes de Nadal Público infantil A partir das 18.00h no [...]
Espectáculo de Maxia de Cayetano Lledó
27/12/2023    
18:00 - 19:30
Espectáculo de Maxia de Cayetano Lledó Ás 18.00 h no Auditorio Municipal Todas as actividades son de balde ata completar aforo. 
Monicreques 'O castiñeiro do Apalpador'
28/12/2023    
18:00 - 19:30
Monicreques 'O castiñeiro do Apalpador' de Fantoches Baj Ás 18.00 h no Auditorio Municipal Todas as actividades son de balde ata completar aforo. 
Teatro 'Nanai da China'
29/12/2023    
18:00 - 19:15
Teatro 'Nanai da China' de Pérez & Fernández Teatro familiar Ás 18.00 h no Auditorio Municipal Todas as actividades son de balde ata completar aforo. 
Events on 02/12/2023
Events on 06/12/2023
Events on 09/12/2023
Events on 16/12/2023
Events on 22/12/2023
Events on 26/12/2023
Events on 27/12/2023
Events on 28/12/2023
Events on 29/12/2023

Próximos eventos

  • Non hai eventos