Axenda

IX Xornadas gastronómicas da lamprea en Padrón

26/03/2023
Todo o día


Padrón exaltará un dos seus produtos gastronómicos máis sobresaíntes: a lamprea. Esta novena edicion das Xornadas gastronómicas da lamprea desenvolverase nas fins de semana do 17 ao 19 de marzo e do 24 ao 26 de marzo e nelas participarán cinco establecementos de restauración da capital do Sar, que ofrecerán os seus menús lampreeiros a un prezo único de 40 euros.

Bar Manolo. A taberna da Matanza, Casa Farrucán, Pulpería Rial Restaurante O Santiaguiño e Restaurante o Secreto son os locais nos que os amantes da lamprea poderán gozar do seu delicioso sabor tanto con propostas tradicionais, como a da lamprea á bordalesa, como innovadoras. A promoción está suxeita a dispoñibilidade do produto.

Actividades complementarias

As persoas interesadas en saber máis sobre a lamprea, especie anterior aos dinosauros, e a súa pesca artesanal terán a oportunidade de facelo asistindo á presentación de A lamprea en Padrón, o encanto do Ullaaudiovisual que se presentará o xoves 23 de marzo ás 19.30 horas na igrexa da Nosa Señora da Mercé de Bandín. A entrada é libre ata completar aforo.

Saborear de balde a deliciosa será posible coa Cata maridaxe, a exitosa actividade de degustación na que veñen participando persoas chegadas de todas as partes de Galicia esgotando as prazas decontado ano tras ano. Celebrarase o venres 24 de marzo ás 20 horas no Auditorio municipal e consistirá na degustación de varios pratos preparados con lamprea e que se servirán acompañados por viños da zona. As inscricións deberán facerse na web de Turismo de Padrón a partir do 14 de marzo a partir das 12.00h

Tamén conta con gran predicamento Pequechef, unha grande oportunidade para achegar ás novas xeracións de padronesas e padroneses ao mundo da lamprea. O concurso, dirixido a cativada de entre 5 e 12 anos, terá lugar no Auditorio o sábado 25 de marzo a partir das 10.30 horas e cada participante terá como misión elaborar un prato doce e outro salgado empregando como ingrediente principal a lamprea. A inscrición abrirase tamén o 14 de marzo na páxina web de Turismo de Padrón a partir das 12.00h.

Máis información das xornadas, prema aquí. 

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
29
30
31
1
2
3
12:00 AM - Padrón 10k
4
5
6
7
8
10
11
13
15
16
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
1
2
3
Padrón 10k
03/02/2024    
Todo o día
O Concello de Padrón organiza a XXI edición de Padrón 10K Data: 3 de febreiro Inscricións ata o 31 de xaneiro en emesports.es  Bases Padrón [...]
Mes de Rosalía - Padrón 2024
09/02/2024 - 25/02/2024    
Todo o día
O Concello de Padrón organiza durante todo o mes de febreiro diferentes actividades para conmemorar o aniversario de Rosalía de Castro. Exposición do herbario de [...]
Exposición do herbario de Rosalía
09/02/2024 - 25/02/2024    
00:00
Exposición do herbario de Rosalía no Convento do Carme. Inauguración o 8 de febreiro ás 19.30 h con visita guiada. Horario: de martes a venres: [...]
Festa infantil de disfraces - Padrón
12/02/2024    
17:00 - 20:00
Festa infantil de disfraces en Padrón 12 de febreiro de 17.00 a 20.00h Na praza de Macías
Visitas guiadas á exposición do 150 aniversario do ferrocarril en Galicia
14/02/2024 - 28/02/2024    
00:00
Para unha mellor comprensión da exposición do 150 aniversario do ferrocarril en Galicia aberta ata o 29 de febreiro na Casa dos Capeláns en Iria [...]
Desfile de Entroido - Padrón 2024
17/02/2024    
17:00 - 20:00
O Concello de Padrón organiza o sábado de Piñata o desfile de Entroido. Comezará a partir das 17.00h
Events on 03/02/2024
Padrón 10k
3 Feb 24
Events on 12/02/2024
Events on 17/02/2024