Axenda

IX Xornadas gastronómicas da lamprea en Padrón

25/03/2023
Todo o día


Padrón exaltará un dos seus produtos gastronómicos máis sobresaíntes: a lamprea. Esta novena edicion das Xornadas gastronómicas da lamprea desenvolverase nas fins de semana do 17 ao 19 de marzo e do 24 ao 26 de marzo e nelas participarán cinco establecementos de restauración da capital do Sar, que ofrecerán os seus menús lampreeiros a un prezo único de 40 euros.

Bar Manolo. A taberna da Matanza, Casa Farrucán, Pulpería Rial Restaurante O Santiaguiño e Restaurante o Secreto son os locais nos que os amantes da lamprea poderán gozar do seu delicioso sabor tanto con propostas tradicionais, como a da lamprea á bordalesa, como innovadoras. A promoción está suxeita a dispoñibilidade do produto.

Actividades complementarias

As persoas interesadas en saber máis sobre a lamprea, especie anterior aos dinosauros, e a súa pesca artesanal terán a oportunidade de facelo asistindo á presentación de A lamprea en Padrón, o encanto do Ullaaudiovisual que se presentará o xoves 23 de marzo ás 19.30 horas na igrexa da Nosa Señora da Mercé de Bandín. A entrada é libre ata completar aforo.

Saborear de balde a deliciosa será posible coa Cata maridaxe, a exitosa actividade de degustación na que veñen participando persoas chegadas de todas as partes de Galicia esgotando as prazas decontado ano tras ano. Celebrarase o venres 24 de marzo ás 20 horas no Auditorio municipal e consistirá na degustación de varios pratos preparados con lamprea e que se servirán acompañados por viños da zona. As inscricións deberán facerse na web de Turismo de Padrón a partir do 14 de marzo a partir das 12.00h

Tamén conta con gran predicamento Pequechef, unha grande oportunidade para achegar ás novas xeracións de padronesas e padroneses ao mundo da lamprea. O concurso, dirixido a cativada de entre 5 e 12 anos, terá lugar no Auditorio o sábado 25 de marzo a partir das 10.30 horas e cada participante terá como misión elaborar un prato doce e outro salgado empregando como ingrediente principal a lamprea. A inscrición abrirase tamén o 14 de marzo na páxina web de Turismo de Padrón a partir das 12.00h.

Máis información das xornadas, prema aquí. 

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
27
28
29
30
1
3
4
5
7
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
31
Teatro: 'Xustiza queredes, xustiza teredes'
02/12/2023    
19:00 - 20:30
TERUCA BOUZA: "XUSTIZA QUEREDES, XUSTIZA TEREDES" Data: sábado 2 de decembro Hora: ás 19.00h Lugar: no Auditorio Municipal. Entrada de balde ata completar aforo.
Concerto 'Galiza na veas' da orquestra Gaos
06/12/2023    
19:00 - 20:30
ORQUESTRA GAOS: "GALIZA NAS VEAS. 15º aniversario Orquestra Gaos" Data: mércores 6 de decembro Hora: ás 19.00h Lugar: no Convento do Carme Entrada de balde [...]
Actuación da Banda Airiños de Fene: Setestrelo 'O Camiño'
08/12/2023    
19:00 - 20:30
BANDA DE GAITAS AIRIÑOS DE FENE: SETESTRELO: " O CAMIÑO" Data: venres 8 de decembro Hora: ás 19.00h Lugar: no Auditorio Municipal. Entrada de balde [...]
Teatro 'Todo nunha noite'
09/12/2023    
19:00 - 20:30
ABISMO CARACOL: " TODO NUNHA NOITE" Data: sábado 9 de decembro Hora: ás 19.00h Lugar: no Auditorio Municipal. Entrada de balde ata completar aforo.
Concerto de Nadal da Banda Municipal de Padrón
16/12/2023    
19:00 - 20:30
CONCERTO DE NADAL- BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE PADRÓN. Data: sábado 16 de decembro Hora: ás 19.00h Lugar: no Auditorio Municipal. Entrada de balde ata [...]
Festival de Panxoliñas da Coral polifónica padronesa
23/12/2023    
19:00 - 20:00
FESTIVAL DE PANXOLIÑAS- CORAL POLIFÓNOCA PADRONESA. Data: sábado 23 de decembro Hora: ás 19.00h Lugar: no Auditorio Municipal. Entrada de balde ata completar aforo.
Events on 02/12/2023
Events on 06/12/2023
Events on 09/12/2023
Events on 16/12/2023