14/08/2026 - 16/08/2026
Todo o día
Festas na honra de Santa María e San Roque en Iria Flavia e A Ponte
As parroquias de Iria Flavia e A Ponte prepáranse para vivir unhas xornadas cheas de tradición, música, diversión e convivencia.
Iria Flavia | 14, 15 e 16 de agosto
Tres días de celebración con sesións vermú, pasarrúas, festa da escuma, inchables, procesións e grandes actuacións musicais con Pili Pampín, Judith Cundíns, Tania Veiras & Los Cumbia Pop, Dúo Matices, The Cuncas e moito máis.
A Ponte | 15 e 16 de agosto
A tradición continúa co XVII Campionato de Estornela, a Poxa de Ramos, xogos populares, cucañas sobre o río Ulla, actividades para a cativada e un cartel musical de primeiro nivel con UYF 75, Volum3n, Musicbox Band, Eureka e Charleston Big Band.
- Iria Flavia
- A Ponte
- A Ponte



