Axenda

Festas do Santiaguiño do Monte 2024 – programación completa

18/07/2024 - 27/07/2024
Todo o día


Festas do Santiaguiño do Monte 2024

Do 18 ao 27 de xullo de 2024

As festas do Santiaguiño 2024 estenderanse do xoves 18 ata o sábado 27 de xullo. Entre as novidades destaca a Edición Sar de Tramo polo Miño, encontro de cultura urbana que traerá ao Campo do Souto un bo número de artistas emerxentes de Galicia, Andalucía, Cataluña e Madrid, ademais dun torneo de freestyle. A cita será o venres 19 de xullo entre as seis da tarde e as once da noite e dará paso ás actuacións do recoñecido grupo de hip hop Dios ke te crew e de La Yaya DJ.

O día completarase co impresionante espectáculo de rúa Piratas, a cargo de Troula Animación, que encherá a zona vella de Padrón de ritmo, lume, efectos pirotécnicos e confeti buscando espertar os risos coa complicidade do público.

Un dos concertos máis esperados será sen dúbida o de Fillas de Cassandra, que actuarán no Campo do Souto o sábado 20 de xullo a partir das 23.30 horas coa súa novidosa reinterpretación da música tradicional e da mitoloxía. Con anterioridade, abrirá a noite a banda de música folk De Ninghures e, logo de Fillas de Cassandra, subirá ao escenario A Rapariga DJ para prolongar a festa ata a madrugada.
Outra cita para non perder é a do Festival Asnot. Tras o paréntese do ano pasado, regresa o mércores 24 de xullo con máis ganas de parodia ca nunca para volver converter Padrón nunha divertida caricatura de Ascot na que se cambian os cabalos por burros, pero por suposto conservando todo o glamour que a ocasión merece grazas aos chapeus made in Galicia.

A xornada completarase coa actuación do grupo folclórico Rosalía de Castro no Paseo do Espolón a partir das 18.00 hora e unha nova edición de Inchadiña Branca Vela, iniciativa da Fundación Rosalía de Castro que enche o Ulla e o Sar de embarcacións tradicionais nunha singradura que comeza na praia fluvial de Vilarello, en Valga, para rematar no Paseo do Espolón.

A romaría do Santiaguiño do Monte será a protagonista indiscutible do día grande da festa, o xoves 25 de xullo. Haberá, como manda a tradición, sardiñada gratuíta con reparto de pan de millo, cachelos e bolos preñados e non faltarán tampouco os grupos de gaitas para animar a romaría. O’Pedrón, Rosalía de Castro, San Pedro de Carcacía, A Arreixeira, Xoldra e A Banda de Gaitas de Gondomar sucederanse ao longo da xornada para animar a romaría.

O Concello recorda que as persoas con problemas de mobilidade poderán subir e baixar ao monte de xeito gratuíto en autobuses de transporte adaptado que sairán do Campo do Souto cada media hora a partir das 11.30 da mañá (cun parón ao mediodía entre as 15.00 e as 17.00 horas) e regresarán dende o Santiaguiño tamén cada media hora dende as 11.45 horas.
Para pechar a troula, o Concello aposta pola continuidade do festival Open Air con actuacións de recoñecidos picadiscos. Entre o venres 26 e o sábado 27 pasarán polo Paseo do Espolón Pablo Balseiro & Los Cascarillas, César Sánchez, DJ SET, D’Crooners Band, Gaínza ou Héctor Llamazares.

Programación infantil e familiar
O público miúdo contará cun programa de seu nestas Festas do Santiaguiño. Ollo o piollo, espectáculo de animación para público familiar do grupo Barafunda, abrirá as actividades da celebración o xoves 18 de xullo ás 21.30 horas.

A gran festa infantil chegará só un día despois, o venres 19 de xullo. Entre as 17.00 as 21.00 horas, toda a cativada poderá desfrutar de diversos xogos e inchables diante do pavillón do Souto.
Xa o luns 21, nenas e nenos terán a ocasión de coñecer A verdadeira historia dos tres porquiño e o lobo feroz, espectáculo de obxectos e actores que Teatro do Andamio presentará no Paseo do Espolón a partir das 21.30 horas.

A rapazada será tamén a protagonista absoluta da programación do martes 23 de xullo. Ás 11.30 horas, da man de Asnot, poderá participar no obradoiro Onde van os nosos ríos, unha proposta de arte contemporánea que ten como fin a sensibilización sobre a importancia da reciclaxe.

Xa á tardiña, a partir das 21.30 horas, será o ilusionista Cayetano Lledó quen, co seu espectáculo Oh, circo, encha de maxia o Paso do Espolón.

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4
7
8
9
10
12
16
17
19
20
21
22
23
25
26
28
29
30
31
1
2
3
4
Visitas teatrais ‘Camiño Branco de Rosalía’
03/07/2024 - 31/07/2024    
12:00 - 13:15
Visitas teatrais ‘Camiño Branco de Rosalía’ Visita polo casco histórico de Padrón da man de Rosalía de Castro e o pintor e amigo Modesto Brocos [...]
Feira Medieval Padrón 2024
05/07/2024 - 07/07/2024    
Todo o día
Feira Medieval Padrón 2024 5, 6 e 7 de xullo polas rúas do centro de Padrón Programa completo
Solpores Musicais
05/07/2024 - 12/07/2024    
20:00 - 21:30
SOLPORES MUSICAIS no atrio do Convento do Carme - Venres 5 de xullo ás 20.00h - Concerto Treides Comigo! - Venres 12 xullo ás 20.00h [...]
2ª Quedada nocturna de coches clásicos
06/07/2024    
17:00 - 23:00
2ª Quedada nocturna de coches clásicos Sábado 6 de xullo A partir das 17.00h Paseo do Espolón
San Bieito de Herbón
11/07/2024    
Todo o día
San Bieito de Herbón 11 de xullo Convento de San Antonio de Herbón.
Concerto da Banda de Música Municipal de Padrón
13/07/2024    
20:00 - 21:15
Concerto da Banda de Música Municipal de Padrón Sábado 13 de xullo 20.00h Campo da Devesa en Extramundi Entrada de balde ata completar aforo.
Abride a Fiestra 2024
14/07/2024    
Todo o día
Abride a Fiestra 2024 Festival-xornada de portas abertas na Casa de Rosalía Programa completo  
139 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro
15/07/2024    
Todo o día
139 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro Luns 15 de xullo 20.00 horas Casa de Rosalía Acto de homenaxe – Discursos institucionais – Entrega [...]
Festas do Santiaguiño do Monte 2024 - programación completa
18/07/2024 - 27/07/2024    
Todo o día
Festas do Santiaguiño do Monte 2024 Do 18 ao 27 de xullo de 2024 As festas do Santiaguiño 2024 estenderanse do xoves 18 ata o [...]
Inchadiña Branca Vela 2024
24/07/2024    
Todo o día
O 24 de xullo uniranse á “Inchadiña branca vela” embarcacións tradicionais de todo o país, nunha nova homenaxe das xentes do mar a Rosalía de [...]
Concerto da Banda de Música Municipal de Padrón
27/07/2024    
20:00 - 21:15
Concerto da Banda de Música Municipal de Padrón 27 de xullo 20.00h Santuario da Escravitude Entrada de balde ata completar aforo.
Visitas teatrais ‘Macías e Elvira, tres camiños, tres destinos’
01/08/2024 - 28/08/2024    
12:00 - 13:15
Visitas teatrais ‘Macías e Elvira, tres camiños, tres destinos’ Visita polo Xardín Botánico Artístico de Padrón interpretados polo grupo Os Quinquilláns. Datas: 7, 14, 21 [...]
Visitas teatrais ‘Sedis Iriensis’
01/08/2024 - 30/08/2024    
20:00 - 21:15
Visitas teatrais ‘Sedis Iriensis’ Visita no Cemiterio de Adina xunto á igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia interpretado por Suso Martínez. Datas: [...]
Festa do Pemento de Herbón
03/08/2024    
Todo o día
Sábado 3 de agosto Festa declarada de Interese Turístico de Galicia. Festa de exaltación do pemento de Herbón. Celébrase desde o ano 1978. A xornada [...]
Events on 05/07/2024
Events on 06/07/2024
Events on 11/07/2024
Events on 13/07/2024
Events on 14/07/2024
Events on 24/07/2024
Events on 27/07/2024
Events on 03/08/2024