Axenda

Festas do Santiaguiño do Monte 2024 – programación completa

18/07/2024 - 27/07/2024
Todo o día


Festas do Santiaguiño do Monte 2024

Do 18 ao 27 de xullo de 2024

As festas do Santiaguiño 2024 estenderanse do xoves 18 ata o sábado 27 de xullo. Entre as novidades destaca a Edición Sar de Tramo polo Miño, encontro de cultura urbana que traerá ao Campo do Souto un bo número de artistas emerxentes de Galicia, Andalucía, Cataluña e Madrid, ademais dun torneo de freestyle. A cita será o venres 19 de xullo entre as seis da tarde e as once da noite e dará paso ás actuacións do recoñecido grupo de hip hop Dios ke te crew e de La Yaya DJ.

O día completarase co impresionante espectáculo de rúa Piratas, a cargo de Troula Animación, que encherá a zona vella de Padrón de ritmo, lume, efectos pirotécnicos e confeti buscando espertar os risos coa complicidade do público.

Un dos concertos máis esperados será sen dúbida o de Fillas de Cassandra, que actuarán no Campo do Souto o sábado 20 de xullo a partir das 23.30 horas coa súa novidosa reinterpretación da música tradicional e da mitoloxía. Con anterioridade, abrirá a noite a banda de música folk De Ninghures e, logo de Fillas de Cassandra, subirá ao escenario A Rapariga DJ para prolongar a festa ata a madrugada.
Outra cita para non perder é a do Festival Asnot. Tras o paréntese do ano pasado, regresa o mércores 24 de xullo con máis ganas de parodia ca nunca para volver converter Padrón nunha divertida caricatura de Ascot na que se cambian os cabalos por burros, pero por suposto conservando todo o glamour que a ocasión merece grazas aos chapeus made in Galicia.

A xornada completarase coa actuación do grupo folclórico Rosalía de Castro no Paseo do Espolón a partir das 18.00 hora e unha nova edición de Inchadiña Branca Vela, iniciativa da Fundación Rosalía de Castro que enche o Ulla e o Sar de embarcacións tradicionais nunha singradura que comeza na praia fluvial de Vilarello, en Valga, para rematar no Paseo do Espolón.

A romaría do Santiaguiño do Monte será a protagonista indiscutible do día grande da festa, o xoves 25 de xullo. Haberá, como manda a tradición, sardiñada gratuíta con reparto de pan de millo, cachelos e bolos preñados e non faltarán tampouco os grupos de gaitas para animar a romaría. O’Pedrón, Rosalía de Castro, San Pedro de Carcacía, A Arreixeira, Xoldra e A Banda de Gaitas de Gondomar sucederanse ao longo da xornada para animar a romaría.

O Concello recorda que as persoas con problemas de mobilidade poderán subir e baixar ao monte de xeito gratuíto en autobuses de transporte adaptado que sairán do Campo do Souto cada media hora a partir das 11.30 da mañá (cun parón ao mediodía entre as 15.00 e as 17.00 horas) e regresarán dende o Santiaguiño tamén cada media hora dende as 11.45 horas.
Para pechar a troula, o Concello aposta pola continuidade do festival Open Air con actuacións de recoñecidos picadiscos. Entre o venres 26 e o sábado 27 pasarán polo Paseo do Espolón Pablo Balseiro & Los Cascarillas, César Sánchez, DJ SET, D’Crooners Band, Gaínza ou Héctor Llamazares.

Programación infantil e familiar
O público miúdo contará cun programa de seu nestas Festas do Santiaguiño. Ollo o piollo, espectáculo de animación para público familiar do grupo Barafunda, abrirá as actividades da celebración o xoves 18 de xullo ás 21.30 horas.

A gran festa infantil chegará só un día despois, o venres 19 de xullo. Entre as 17.00 as 21.00 horas, toda a cativada poderá desfrutar de diversos xogos e inchables diante do pavillón do Souto.
Xa o luns 21, nenas e nenos terán a ocasión de coñecer A verdadeira historia dos tres porquiño e o lobo feroz, espectáculo de obxectos e actores que Teatro do Andamio presentará no Paseo do Espolón a partir das 21.30 horas.

A rapazada será tamén a protagonista absoluta da programación do martes 23 de xullo. Ás 11.30 horas, da man de Asnot, poderá participar no obradoiro Onde van os nosos ríos, unha proposta de arte contemporánea que ten como fin a sensibilización sobre a importancia da reciclaxe.

Xa á tardiña, a partir das 21.30 horas, será o ilusionista Cayetano Lledó quen, co seu espectáculo Oh, circo, encha de maxia o Paso do Espolón.

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
25
26
27
28
29
2
3
4
8
9
10
11
12
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4
5
Teatro ‘Desexos’
30/11/2024    
19:00 - 20:15
Teatro ‘Desexos’ Data: Sábado 30 de novembro Horario:  ás 19.00 h Lugar: Auditorio Municipal de Padrón Entrada de balde ata completar aforo
Nadal en Padrón - Programación completa
01/12/2024 - 05/01/2025    
Todo o día
Nadal en Padrón - Programación completa
Conferencia: Intervención Arqueolóxica de Fondo de Vila
05/12/2024    
20:00 - 21:00
Conferencia: Intervención Arqueolóxica de Fondo de Vila Data: Xoves 5 de decembro Horario:  ás 20.00 h Lugar: Auditorio Municipal de Padrón Entrada de balde ata [...]
Teatro ‘Tres vellas’
06/12/2024    
19:00 - 20:15
Teatro ‘Tres vellas’ Data: Venres 6 de decembro Horario:  ás 19.00 h Lugar: Auditorio Municipal de Padrón Entrada de balde ata completar aforo
Teatro ‘O parvo’
07/12/2024    
19:00 - 20:15
Teatro ‘O parvo’ Data: Sábado 7 de decembro Horario:  ás 19.00 h Lugar: Auditorio Municipal de Padrón Entrada de balde ata completar aforo
Conferencia: Intervención Arqueolóxica de Castro Valente
13/12/2024    
20:00 - 21:00
Conferencia: Intervención Arqueolóxica de Castro Valente Data: Venres 13 de decembro Horario:  ás 20.00 h Lugar: Auditorio Municipal de Padrón Entrada de balde ata completar [...]
Events on 30/11/2024
Events on 01/12/2024
Events on 06/12/2024
Events on 07/12/2024