Axenda

Festas da Pascua de Padrón 2025 – programación completa

11/04/2025 - 27/04/2025
Todo o día


PROGRAMA DAS FESTAS DE PASCUA 2025

11 DE ABRIL. VENRES

17.00h  Apertura das atraccións das Festas de Pascua.

12 DE ABRIL. SÁBADO

08.30h XXXVI Raid Cabalar Pascua 2025. Proba puntuable para o Campionato Galego. Unha proba de 40 km, outra de 60 km e dúas de 80 km. Percorrerá os montes de Padrón, Dodro e Rois, con saída no Monte Santiaguiño.

17.00h  Evento de rap O Son do Sar I Aniversario. Nas bancadas do Paseo da Constitución.

DO SÁBADO 12 AO DOMINGO 20 DE ABRIL

10.00h Campionatos galegos de Xadrez 2025. A Federación Galega de Xadrez e o Club Xadrez Padrón organizan os Campionatos «Xunta de Galicia» de Semana Santa 2025, categorías Sub-10, Sub-12, Sub-16, Absoluto, Feminino e Veterano 2025. No Hotel Scala.

DO LUNS 14 AO MÉRCORES 16 DE ABRIL

16.00h XII Torneo de fútbol base Concello de Padrón. Nas categorías prebenxamín (14 de abril), benxamín (15 de abril) e alevín (16 de abril). No campo municipal Novo Campo do Doce (Escravitude).

DO LUNS 14 AO SÁBADO 19 DE ABRIL

10.00h Campionato de tenis Pascua 2025. Categorías absoluta, júnior e local. As finais terán lugar o sábado 19 de abril, no pavillón do Grupo Escolar.

DO XOVES 17 AO SÁBADO 19 DE ABRIL

09.00h VII Torneo CD Sar Extramundi. Nas categorías benxamín (17 abril), alevín (18 de abril) e prebenxamín (19 de abril). Campo municipal de fútbol de Extramundi.

DO XOVES 17 AO VENRES 18 DE ABRIL

09.00h Torneo SD Esclavitud. Nas categorías infantil (17 de abril) e cadete (18 de abril). No campo municipal Novo Campo do Doce.

18 DE ABRIL. VENRES

19.00h Boxeo. Gran velada Clásica de Pascua. Celebraranse 8 combates de diferentes categorías e disputaranse dous campionatos galegos neoprofesionais, o pavillón do Grupo Escolar. Cómpre destacar a participación do púxil padronés Nico Petardito Rodríguez.

19 DE ABRIL. SÁBADO DE PASCUA

10.00h Gran salva de bombas de palenque anunciando o comezo das Festas de Pascua 2025.

10.30h XLIV Carreira de Pascua. Carreira pedestre con participantes de todas as idades. Dende a categoría Sub-6, que percorrerán 80 m, ata a proba absoluta, na que se percorrerán 13,3 km. Haberá medallas para participantes en categorías escolares, trofeos para os e as tres mellores atletas de cada categoría competitiva e agasallos para todas as persoas participantes. Máis información e inscricións en www.deporticket.com

18.00h Inauguración da 52ª Feira Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial. Ao lado da gardería municipal.

21.00h Pregón de Martina López Gestal. Acto de inauguración das Festas de Pascua, presentado por Sara Seco Rial. Praza de Macías.

22.00h Inicio das Festas de Pascua co primeiro pase do concerto da orquestra La Fórmula. Fondo de Vila.

23.00h Actuación da orquestra Unión y Fuerza. Paseo do Espolón.

01.15 h Segundo pase de La Fórmula. Fondo de Vila.

02.45 h Segundo pase de Unión y Fuerza. Paseo do Espolón.

20 DE ABRIL. DOMINGO DE PASCUA

  • Punto Lila no paseo do Espolón de 23.00 a 05.00h horas

09.00h 52ª Feira Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial. Ao lado da gardería municipal.

09.30h Retirada de dorsais na mesa da organización para os concursos morfolóxicos da Feira Cabalar. Campo da Barca.

10.00h Inicio dos concursos morfolóxicos da Feira Cabalar de cabalos de pura raza galega, de cabalos e eguas cruzados, de pura raza árabe e autonómico de ponis Gran Premio Concello de Padrón.

11.30h Pasarrúas da Banda de Música Municipal de Padrón.

12.30h Pasarrúas do grupo folclórico San Pedro de Carcacía, que acompañará os xigantes e cabezudos polas rúas.

13.00h Espectáculo de doma de alta escola para finalizar a feira cabalar. Campo da Barca.

13.30h Concerto da Banda de Música de Padrón. Praza de Macías.

19.30h Actuación da orquestra Magos. Travesía Campo da Feira.

22.00h Actuación da orquestra París de Noia. Fondo de Vila.

01.00h Espectáculo Renovation Experience by Ricky Galende. Paseo do Espolón.

21 DE ABRIL. LUNS DE PASCUA

12.00h Pasarrúas da Banda Municipal de Padrón.

13.00h Día de Santiago en Padrón. Recepción á Excma. Corporación do Concello de Santiago. Praza de Ramón Tojo.

13.30h Concerto da Banda Municipal de Santiago. Praza de Macías.

21.00h Actuación da orquestra Los Satélites. Travesía Campo da Feira.

22.30h Actuación da orquestra Olympus. Fondo de Vila.

00.00h Segundo pase da orquestra Los Satélites. Travesía Campo da Feira.

01.30h Segundo pase da orquestra Olympus. Fondo de Vila.

22 DE ABRIL. MARTES DE PASCUA

  • Punto Lila no paseo do Espolón de 23.00 a 03.30h horas

10.00h Ciclismo. 62ª Clásica de Pascua XXXVI Memorial Francisco Rodríguez Pazos. Carreira de 154 quilómetros que percorrerá os municipios de Padrón, Dodro, Teo e Rois.

19.30h Día de Rianxo en Padrón. Recepción á Excma. Corporación do Concello de Rianxo fronte á estatua de Rosalía de Castro no Paseo do Espolón.

20.15h  Concerto da Banda Municipal de Rianxo. Praza de Macías.

21.30h Actuación do Dúo Máster. Paseo do Espolón.

23.00h Actuación da orquestra Panorama. Fondo de Vila.

00.30h Segundo pase do Dúo Máster. Paseo do Espolón.

02.00h Segundo pase da orquestra Panorama. Fondo de Vila.

DO MÉRCORES 23 AO VENRES 25 DE ABRIL

17.00h XI Torneo de chave de Pascua. Torneo de chave no que se participará individualmente. O 23 e 24 de abril celebraranse as fases clasificatorias e a final disputarase o 25 de abril. Tamén haberá torneo infantil. No Paseo do Espolón.

25 DE ABRIL. VENRES DE PASCUILLA

  • Punto Lila no paseo do Espolón de 24.00 a 05.00h horas

13.00h Sesión vermú con Los Wavy Gravies. Praza de Macías.

19.30h Sesión rock con Five Star Service. Praza de Macías.

21.00h Actuación da orquestra América. Fondo de Vila.

22.30h Actuación da orquestra Charleston. Travesía Campo da Feira.

00.00h Segundo pase da orquestra América. Fondo de Vila.

01.30h Segundo pase da orquestra Charleston. Travesía Campo da Feira.

02.00h Open Air con DJ Places e DJ Low. Paseo do Espolón.

26 DE ABRIL. SÁBADO DE PASCUILLA

  • Punto Lila no paseo do Espolón de 24.00 a 05.00h horas

12.30h Pasarrúas do grupo folclórico Arreixeira con xigantes e cabezudos polas rúas do pobo.

13.00h Sesión vermú coa Banda de Nash. Praza de Macías.

18.15 h Actuación do grupo folclórico Rosalía de Castro. Praza de Macías.

19.45 h Actuación do grupo folclórico A.C. San Pedro de Carcacía. Praza de Macías.

21.00h Actuación da Banda da Loba. Paseo do Espolón.

22.30h Tributo El Canto del Loco. Paseo do Espolón.

00.00h Proxeccións na fachada do Convento do Carme e grande exhibición de fogos de artificio. Paseo do Espolón.

00.20 h Actuación da orquestra KUBO. Fondo de Vila.

03.00h Open Air con Señora DJ e DJ MRT. Paseo do Espolón.

27 DE ABRIL. DOMINGO DE PASCUILLA

11.30h Pasarrúas do grupo folclórico O Pedrón, que acompañará os xigantes e cabezudos polas rúas.

11.40h Xuntanza da Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón. Igrexa de Santiago, Paseo do Espolón e Concello de Padrón.

12.30h Actuación do grupo folclórico Arreixeira. Praza de Macías.

13.30h Actuación da agrupación folclórica O Pedrón. Praza de Macías.

18.00h XV Festival de Bandas Capital do Sar. Praza de Macías.

  • Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba
  • Banda de Música de Antas de Ulla
  • Banda de Música Municipal de Padrón

21.00h Actuación da orquestra Atenas. Travesía Campo da Feira.

23.00h Actuación da orquestra Marbella. Fondo de Vila.

 

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
31
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
2
3
4
Visitas guiadas ao Convento Franciscano de San Antonio de Herbón
01/04/2025 - 31/10/2025    
18:00 - 19:30
Visitas guiadas ao Convento Franciscano de San Antonio de Herbón De luns a sábado ás 18.00h Grupos fora de ese horario chamar ao (+34) 666 [...]
Semana Santa de Padrón 2025 - programación completa
04/04/2025 - 19/04/2025    
Todo o día
PROGRAMA DA SEMANA SANTA PADRONESA 2025 Pregón da Semana Santa: Venres 4 de abril Terá lugar na igrexa parroquial o PREGÓN DA SEMANA SANTA, ás 20.00 h. [...]
Festas da Pascua de Padrón 2025 - programación completa
11/04/2025 - 27/04/2025    
Todo o día
PROGRAMA DAS FESTAS DE PASCUA 2025 11 DE ABRIL. VENRES 17.00h  Apertura das atraccións das Festas de Pascua. 12 DE ABRIL. SÁBADO 08.30h XXXVI Raid [...]
XVII Ruta Internacional de Motos Antigas Terras de Padrón
01/05/2025    
11:00 - 15:00
XVII Ruta Internacional de Motos Antigas Terras de Padrón Xoves 1 de maio De 11.00  a 15.00h no Hotel Scala
Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.