Axenda

PASCUA DE PADRÓN – PROGRAMA COMPLETO

23/03/2024 - 06/04/2024
Todo o día


  • 23 de marzo. Sábado

09:00h   XXXV Raid Cabalar Pascua 2024.  Proba puntuable para o Campionato galego. Percorrerá os montes de Dodro, Padrón e Rois, con saída no Monte Santiaguiño.

  • Do 23 ao 31 de marzo

10:00h   Campionatos galegos de Xadrez 2024. No Hotel Scala de Padrón celebrarase o Campionato galego da categoría absoluta, Sub-10, Sub-12, Sub-16, feminina e veteranos.

  • Do 25 ao 27 de marzo

16.00h   XI Torneo de fútbol base Concello de Padrón. Categorías prebenxamín (25 de marzo), benxamín (26 de marzo) e alevín (27 de marzo).

  • Do 25 ao 30 de marzo

10.00h   Campionato de tenis de Pascua 2024. Categorías absoluta, júnior e local. As finais disputaranse o sábado 30 de marzo.

  • 26 de marzo. Martes

19:30h   Teatro: ‘Papagena’. Ópera electrónica da Compañía Butaca Cero. No auditorio municipal.

  • Do 28 ao 30 de marzo

09:00h   VI Torneo CD Sar Extramundi. Nas categorías benxamín (28 de marzo), alevín (29 de marzo) e prebenxamín (30 de marzo).

  • 29 de marzo. Sábado

19:00h   Boxeo. Gran velada Clásica de Pascua. Celebraranse 10 combates de diferentes categorías, coa participación de 2 púxiles padroneses: Cristian Teira, que disputará o Campionato galego neoprofesional, e Nico Petardito Rodríguez debutará con 15 anos no boxeo afeccionado.

  • 30 de marzo. Sábado

10:30h   XLIII Carreira de Pascua. Carreira pedestre con participantes de todas as idades. Percorridos dende 100 m (categoria Sub-6) ata 13 km (absoluta). Haberá medallas para participantes de categorías escolares, trofeos para os e as tres mellores atletas de cada categoría competitiva e agasallos para todas as persoas participantes. Información e inscricións en www.deporticket.com

  • 30 de marzo. Sábado
  • Punto Lila no paseo do Espolón de 22.00 a 04.00 horas.

10.00h   Gran salva de bombas de palenque anunciando o comezo das Festas de Pascua 2024.

18.00h   Inauguración da 51º Feira Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial. Ao lado da gardería municipal.

20.30h   Dj Espiño. Praza de Macías

21.00h   Pregón a cargo de Abel Caballero. Inauguración das Festas de Pascua, presentada por Belén Xestal e que terá como pregoeiro ao alcalde de Vigo. Praza de Macías.

22.00h   Inicio das Festas de Pascua co primeiro pase do concerto da gran orquestra La Misión. Fondo de Vila.

23.30h   Actuación da orquestra Unión y Fuerza. Paseo do Espolón.

01.15h   Segundo pase de La Misión. Fondo de Vila.

02.45h   Segundo pase de Unión y Fuerza. Paseo do  Espolón.

  • 31 de marzo. Domingo de Pascua
  • Punto Lila no paseo do Espolón de 22.00 a 04.00 horas.

09.00h   51ª Feira de Exposicións de Maquinaria Agrícola e Industrial. Ao lado da gardería municipal.

09.30h   Retirada de dorsais na mesa da organización para os concursos morfolóxicos da Feira Cabalar. Campo da Barca.

10.00h   Inicio dos concursos morfolóxicos da Feira Cabalar de cabalos de pura raza galega –puntuable para a XXIII Copa Galicia PRG–; de cabalos e eguas cruzados; de pura raza árabe (PRA) e autonómico de ponis Gran Premio Concello de Padrón.

11.30h   Pasarrúas da Banda de Musica Municipal de Padrón.

12.30h   Pasarrúas do grupo folclórico San Pedro de Carcacía, que acompañará os xigantes e cabezudos polas rúas.

13.30h   Concerto da Banda de Música Municipal de Padrón. Praza de Macías.

14.00h   Pase de presentación do espectáculo de doma ecuestre da tarde no Campo da Barca.

17.00h   Grande espectáculo de doma de alta escola, con cabalos de pura raza española, lusitanos, ponis shetland e pura raza galega, coa colaboración especial da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Campo da Barca.

21.00h   Gran verbena coa orquestra Miramar. Detrás do campo de fútbol.

22.30h   Actuación de Fillas de Cassandra.  Paseo do Espolón.

23.45h   Actuación da orquestra Capitol. Fondo de Vila.

01.15h   Segundo pase da orquestra Miramar. Detrás do campo de fútbol.

03.00h   Segundo pase da orquestra Capitol. Fondo de Vila.

 

  • 1 de abril. Luns de Pascua
  • Punto Lila no paseo do Espolón de 22.00 a 04.00 horas.

11.00h   Pasarrúas do grupo folclórico Rosalía de Castro, que acompañará os xigantes e cabezudos polas rúas.

12.00h   Pasarrúas da Banda Municipal de Padrón.

13.00h   Día de Santiago en Padrón. Recepción á Excma. Corporación do Concello de Santiago. Praza de Ramón Tojo.

13.30h   Concerto da Banda de Música de Santiago. Praza de Macías.

20.00h   Actuación do Dúo Master. Paseo do Espolón.

22.30h   Actuación da orquestra América. Detrás do campo de fútbol.

01.30h   Actuación da orquestra París de Noia. Fondo de Vila.

  • 2 de abril. Martes de Pascua

12.30h   Pasarrúas do grupo folclórico A Foliada do Montiño que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas.

14.00h   Sesión vermú a cargo dos Wavy Gravies. Praza Manuel Rodríguez Cobián (praza da igrexa).

19.00h   Día de Rianxo en Padrón. Recepción á Excma. Corporación do Concello de Rianxo fronte á estatua de Rosalía de Castro no Paseo do Espolón.

19.45h   Concerto da Banda Municipal de Rianxo. Praza de Macías.

22.00h   Actuación da orquestra Los Satélites. Fondo de Vila.

Do 3 ao 5 de abril

17.00h   XI Torneo de chave de Pascua. Torneo de chave no que se participará individualmente. O 3 e 4 de abril celebraranse as fases clasificatorias. A final disputarase o 5 de abril. Tamén haberá torneo infantil.

  • 5 de abril. Venres de Pascuilla
  • Punto Lila no paseo do Espolón de 22.00 a 04.00 horas.

20.30h   Actuación da orquestra Los Player’s. Detrás do campo de fútbol.

22.00h   Actuación da orquestra New York. Fondo de Vila.

23.30h   Segundo pase da orquestra Player’s. Detrás do campo de fútbol.

01.00h   Segundo pase da orquestra New York. Fondo de Vila.

02.30h   Dj Openair. Paseo do Espolón.

  • 6 de abril. Sábado de Pascuilla
  • Punto Lila no paseo do Espolón de 22.00 a 04.00 horas.

12.30h   Pasarrúas do grupo folclórico Arreixeira, que acompañará os xigantes e cabezudos polas rúas do pobo.

14.00h   Ciclismo. 61ª Clásica de Pascua XXXV Memorial Francisco Rodríguez Pazos. Carreira de 125 quilómetros que percorrerá os municipios de Padrón, Dodro, Rianxo e Rois.

14.00h   Sesión vermú do grupo Boogies. Praza de Ramón Tojo.

18.30h   Actuación do grupo folclórico Rosalía de Castro. Praza de Macías.

19.30h   Actuación do grupo folclórico A.C. San Pedro de Carcacía. Praza de Macías.

22.00h Concerto de Celtas Cortos. Paseo do Espolón.

00.00h   Grande exhibición de fogos de artificio. Paseo do Espolón.

00.15h   Actuación da orquestra Olympus.  Fondo de Vila.

03.00h   Dj Openair. Paseo do Espolón.

  • 7 de abril. Domingo de Pascuilla

11.30h   Pasarrúas do grupo folclórico O Pedrón, que acompañará os xigantes e cabezudos polas rúas.

11.40h   Xuntanza integrada pola Corporación Municipal e a Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón, así como as veciñas e veciños que o desexen. A continuación, a comitiva dirixirase ao paseo do Espolón para realizar unha ofrenda floral diante dos monumentos de Rosalía de Castro e de Camilo José Cela. Haberá ofrenda na praza  Pepe Domingo Castaño. Cantarase o Himno Galego e depositaranse coroas de loureiro.

12.30h   Actuación do grupo folclorico Arreixeira. Praza de Macías.

13.30h   Actuación do agrupación folclórica O Pedrón. Praza de Macías.

18.00h   XIV Festival de Bandas Capital do Sar. Praza de Macías.

– Banda de Música Isabel II de Touro

– Banda de Música Municipal de Caldas de Reis

– Banda de Música Municipal de Padrón

21.00h Gran verbena e peche das festas de Pascua 2024 a cargo da orquestra Atenas. Fondo de Vila.

23.00h Actuación orquestra Marbella. Fondo de Vila.

  • 13 de abril. Sábado

09.00h   17ª Andaina Bisbarra do Sar. Proba oficial da Liga Ibérica de sendeirismo de 50 km. Percorrido polos concellos de Padrón, Dodro e Rois, con distancias opcionais de 18 e 32 km. A proba poderase facer camiñando ou correndo. Máis información e inscricións en www.andainabisbarradosar.com

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
26
27
28
29
1
2
3
4
5
6
10
11
12
13
14
17
18
19
20
21
24
25
26
27
28
29
31
XXXIV Premio Literario Camilo José Cela
07/03/2024 - 15/07/2024    
Todo o día
Prazo límite de entrega o próximo 15 de xullo de 2024 segundo as bases anexas. Mais información en cultura@padron.gal
8M  TEATRO 'INVISIBLES'
08/03/2024    
18:00 - 19:30
Obra de teatro 'INVISIBLES' no Auditorio de Padrón Venres 8 de marzo Ás 18.00 h Entradas de balde dende o 4 de marzo no centro [...]
X XORNADAS GASTRÓNOMICAS DA LAMPREA DE PADRÓN
09/03/2024    
Todo o día
Prazas limitadas por aforo. Inscricións en www.padronturismo.gal/inscricions
SEMANA SANTA PADRONESA 2024
15/03/2024 - 30/03/2024    
Todo o día
PROGRAMA DA SEMANA SANTA PADRONESA 2024 Pregón da Semana Santa: Venres 15 de marzo Terá lugar na igrexa parroquial o PREGÓN DA SEMANA SANTA, ás [...]
PREGÓN DA SEMANA SANTA PADRONESA 2024
15/03/2024    
20:00 - 21:00
Pregón da Semana Santa Padronesa 2024 Venres 15 de marzo ás 20.00 h. Na igrexa parroquial de Santiago de Padrón.
II MERCADILLO DE RECAMBIOS DE MOTOS E COCHES CLÁSICOS
16/03/2024 - 17/03/2024    
Todo o día
II MERCADILLO DE RECAMBIOS DE MOTOS E COCHES CLÁSICOS 16 e 17 de marzo no pavillón do Souto en Padrón. Sábado de 10.00 a 14.00 [...]
PRESENTACIÓN DO LIBRO "A ÚNICA, MARIA CASARES"
22/03/2024    
Todo o día
O 22 de marzo de 2024, terá lugar na Casa Museo de Rosalía de Castro (A Matanza s/n) a presentación do libro " A Única, [...]
VIII EXPOSICIÓN DA CAMELIA E DO BONSAI
23/03/2024 - 24/03/2024    
Todo o día
Entrada de balde ata completar aforo.
PASCUA DE PADRÓN - PROGRAMA COMPLETO
23/03/2024 - 06/04/2024    
Todo o día
23 de marzo. Sábado 09:00h   XXXV Raid Cabalar Pascua 2024.  Proba puntuable para o Campionato galego. Percorrerá os montes de Dodro, Padrón e Rois, con [...]
43ª CARREIRA POPULAR PASCUA DE PADRÓN
30/03/2024    
Todo o día
Un ano máis, imos a celebrar a carreira popular "Pascua de Padrón", que terá lugar o próximo 30 de marzo de 2024 con saída da [...]
Events on 07/03/2024
Events on 08/03/2024
Events on 09/03/2024
Events on 15/03/2024
Events on 22/03/2024
Events on 30/03/2024